Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO LOCAL E EU APROBAN UNHA MOCIÓN RECLAMANDO A PARALIZACIÓN DOS CORTES DE LUZ ÁS FAMILIAS CON PROBLEMAS ECONÓMICOS
O GOBERNO LOCAL E EU APROBAN UNHA MOCIÓN RECLAMANDO A PARALIZACIÓN DOS CORTES DE LUZ ÁS FAMILIAS CON PROBLEMAS ECONÓMICOS
O acordo adoptouse a través dunha moción presentada no pleno polo Grupo Mixto (EU) e non foi respaldado polos edís do PP, que votaron en contra, nin polo representante de ENE, que se abstivo
Narón, 29 de decembro de 2016. O goberno local de Narón –TEGA, PSOE e BNG- respaldou hoxe no pleno a moción presentada polo Grupo Mixto-Esquerda Unida, na que se reclama a paralización dos cortes de luz a familias con problemas económicos. Os cinco edís do Partido Popular votaron en contra da moción, tras rexeitarse unha enmenda presentada polo
PP ao documento –entregada ao inicio do pleno-, e o único representante de ENE abstívose. A moción abordouse tras votar a favor da urxencia da mesma todos os edís da corporación local excepto o de ENE.
O tripartito naronés e EU acordaron instar ao Goberno central a regular a prohibición legal de tódolos cortes de luz a familias con problemas económicos, obrigando ás compañías eléctricas a comprobar ante a administración a situación do colectivo afectado e a asumir os gastos do subministro desas familias. Así mesmo, solicítase ao Goberno central que aprobe unha tarifa “asumible para todos os consumidores domésticos na súa primeira residencia”, a crear unha “auténtica tarifa social”, de reducida contía para as familias con rendas baixas e a aplicar o IVE do 4% neste servizo esencial, entre outros puntos.
Na sesión deuse conta da designación dos representantes municipais nos Consellos Escolares de centros de ensino de Narón. A edil de Terra Galega Natalia Hermida ocupará o cargo no CPR Santiago Apóstol; a concelleira popular Patricia Aneiros no colexio Ayala, e a portavoz do PSOE local, Catalina García, no centro concertado Jorge Juan. En materia de Educación deuse conta dun total de once convenios, con outros tantos centros de ensino da localidade, por un importe conxunto de 37.000 euros. Co acordo o Concello comprométese a promover a educación a través dos centros asentados no municipio. Os beneficiarios das achegas abordadas hoxe no pleno de final de mes son o CPI O Feal, os CPR Ayala, Santiago Apóstol e Jorge Juan, os CEIP da Solaina, plurilingüe Virxe do Mar, A Gándara, Ponte de Xuvia e Piñeiros, o CRA e o IES As Telleiras.
A orde do día do pleno incluía unha moción do Grupo Mixto-ENE para implantar unha ordenanza de inspección, conservación, rehabilitación e mellora de accesibilidade aos inmobles que tan só contou co voto favorable dos edís do Grupo Mixto (ENE e EU).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal