Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE CLAUSURA A 19ª EDICIÓN DO CERTAME INTERCENTROS 2008
O acto reuníu no Auditorio a máis de 300 estudiantes dos colexios e institutos de Narón.
Narón, 16 de Maio de 2008.- O Alcalde de Narón, Xoán Gato, presidiu hoxe a clausura da 19ª edición do Certame Intercentros Narón 2008 que contou coa presencia de máis de 300 estudiantes de colexios e institutos do municipio. O rexedor convidou ós alumnos a celebrar mañá –Día das Letras Galegas- “o día de Galicia e da súa cultura. Hai que falar e sentir en galego sen que sexa ningún desprecio porque esta é a nosa lingua e debe ter a mesma importancia que a teñen outras coma o castelán ou o inglés”. Neste sentido, Xoán Gato pediu ós rapaces/as que “levedes o sentimento da nosa terra no noso corazón porque vos sodes o futuro e os que estamos aquí seguimos loitando para que teñades a mellor educación, a mellor cultura e o mellor deporte”, dixo. Ante un auditorio entregado ás súas palabras, o rexedor declarou sentirse “orgulloso de vos”, e convidou ós estudiantes a “traballar pola paz, a cultura e a solidariedade na nosa terra”. Antes de clausurar esta 19ª edición do Certame Intercentros (no que participaron os colexios de O Feal, A Solaina, A Gándara, Piñeiros, Ponte de Xuvia, CRA e Virxe do Mar, ademáis dos Institutos As Telleiras e Terra de Trasancos) Xoán Gato entregou o premio con carácter solidario, que recaeu nos alumnos de LenÇois-Bahía (Brasil), por dar a coñecer a súa realidade social e cultural. A organización premiou a participación dos alumnos de Educación Infantil e Primaria nas categorías de murais, conto, conto ilustrado e cómic. Unha mostra destos traballos permanece exposta no Centro Comercial de Narón. Tamén foron entregados os galardóns ós mellores traballos de ESO e Bacharelato nas categorías de narrativa, poesía, cómic, teatro escrito, reportaxe xornalística e radiofónica. A organización desta edición recaeu no Colexio de A Gándara, e o vindeiro ano será o CPI de O Feal o encargado de levalo a cabo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal