Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS GAÑADORES DAS DÚAS PRIMEIRAS CESTAS DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE" RECIBIRON O SEU PREMIO NO CONCELLO
OS GAÑADORES DAS DÚAS PRIMEIRAS CESTAS DA CAMPAÑA
Os galardoados foron Miguel Neira e Marcial Calvo, que resultaron elixidos nos sorteos realizados nos establecementos Zona PC e Mi Nené, respectivamente
Narón, 2 de xaneiro de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco; o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), Olga Ameneiro, entregaron esta mañá no Concello as dúas primeiras cestas da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre” impulsada polo Consistorio e a ACN. Miguel Neira Aneiros e Marcial Calvo Agras recibiron cada un a súa cesta cunha gran variedade de produtos de Nadal. As papeletas premiadas sorteáronse nos establecementos Zona PC e Mi Nené, se ben a propietaria deste último, Lucía García, acudiu tamén ao acto celebrado hoxe.
Os representantes do goberno local e da ACN felicitaron aos dous galardoados no primeiro dos sorteos desta campaña de Nadal. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, destacou o feito de que “as persoas que compran estes días en Narón poden gozar da programación de Nadal, ao tempo que dos seus establecementos e tamén obter un dos premios desta iniciativa”. Pola súa parte, Olga Ameneiro agradeceu a implicación dos preto de 140 comercios que participan este ano na campaña e tamén das persoas que apostan polo pequeno comercio local para realizar as súas compras.
Finalmente o alcalde, José Manuel Blanco, felicitou aos premiados e animounos a continuar realizando compras nos establecementos adheridos á campaña –que poden consultarse na web: www.comerciodenaron.es, e dos que destacou a súa calidade e variedade-, para así optar ao resto de premios que se entregarán nos vindeiros días. Esta mesma semana sortearanse outras dúas cestas con produtos de Nadal e o 11 de xaneiro dous vales por importe de 500 euros e outros dous de 300 que deberán gastarse nos comercios desta campaña os días 16 e 17 de xaneiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal