Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS POBOS NAVIDEÑOS E A CABALGATA SOLIDARIA PECHAN A PROGRAMACIÓN DE NADAL DESEÑADA POLO CONCELLO
OS POBOS NAVIDEÑOS E A CABALGATA SOLIDARIA PECHAN A PROGRAMACIÓN DE NADAL DESEÑADA POLO CONCELLO
Os días 3 e 4 de xaneiro desenvolveranse varias actividades dirixidas a menores na Praza de Galicia e o día 5 os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas trala Cabalgata que partirá de Xuvia ás 16.00 horas
Narón, 2 de xaneiro de 2017. A programación de Nadal deseñada polo Concello de Narón, e iniciada o pasado 3 de decembro, rematará esta semana. O programa “Nadal Máxico” retomarase o día 3, e o mércores 4 na Praza de Galicia, coas actividades “Contos de Nadal” e o espectáculo de títeres “As tres Raíñas Magas”, respectivamente. As citadas actividades desenvolveranse en horario de 16.00 a 20.00 horas e complementaranse con varios obradoiros dirixidos a nenos e nenas e tamén co “Baby Nadal”, un espazo acotado e con propostas para os máis pequenos da casa. Durante as dúas xornadas repartiranse pombas de millo e algodón de azucre, de balde, entre os menores.
A tradicional Cabalgata Solidaria traerá a Narón o xoves día 5 de xaneiro aos tres Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, e tamén ao cuarto rei, Artabán, que tal e como apunta a tradición, non chegou a Belén porque ía deixando agasallos no camiño para as persoas máis necesitadas. Ás 16.00 horas partirán de Xuvia –fronte á estación de FEVE- cara á Praza de Galicia as doce carrozas realizadas nas diferentes parroquias de Narón durante as últimas semanas. Haberá tamén unha comitiva con elementos de Nadal do colectivo xitano formada por 25 persoas. A edil de Acción Social, Catalina García, explicou que este ano, a veciñanza da Solaina e San Mateo colaborou nas carrozas doutras parroquias da cidade, e tamén indicou que en Piñeiros se construíron dúas –unha propia de Piñeiros e outra de Freixeiro- e que tamén partirán de Xuvia dúas comitivas procedentes de San Xiao, donde se rexistrou unha elevada participación veciñal nos obradoiros para decorar as carrozas. A chegada está prevista sobre as 17.00 horas á Praza de Galicia, donde os catro Reis Magos recibirán aos nenos e nenas e donde Artabán dirixirá unha mensaxe solidaria aos menores alí presentes. A continuación haberá un espectáculo de música e baile infantil.
O Centro de Recursos Solidarios de Narón será un ano máis o destinatario dos alimentos que irán representados na Cabalgata –nun camión cedido pola Concellería de Servizos e que conducirá un integrante do Speis de Narón- e que as veciñas e os veciños entregaron nos últimos días nas súas respectivas parroquias. Desde o goberno local agradeceuse a colaboración de todas as persoas implicadas e tamén dos dispositivos de seguridade e sanitarios que colaboran na organización e no desenvolvemento desta Cabalgata Solidaria.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal