Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE IMPULSA O SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA A VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE IMPULSA O SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA A VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
O goberno local potenciará un programa de información, atención e apoio psicolóxico dirixido ao colectivo e que se enmarca no "II Plan de Igualdade do Concello de Narón"
Narón, 3 de xaneiro de 2017. As mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas empadroados en Narón son os destinatarios do Programa de Atención psicolóxica dirixido ao colectivo e que se promove no Consistorio a cargo da empresa Senes, tal e como indicou a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio. A edil recordou que este servizo de información, atención e apoio psicolóxico individual e de grupo –de balde- está enmarcado no “II Plan de Igualdade do Concello de Narón” e avanzou que estará operativo os martes e xoves, de 9.30 a 12.30, podendo solicitar cita no Servizo Sociocomunitario Municipal, chamando ao teléfono 981 337 700 (ext.1108).
“Este programa inclúe ademais información itinerante na zona rural”, destacou Sabio, que explicou que se xestiona “a través da asistenta social que atende ese núcleo da localidade”. “O programa ten entre os seus obxectivos ofertar recursos terapéuticos e poñer á disposición tanto das mulleres vítimas de violencia de xénero como dos menores dependentes ao seu cargo, un profesional da psicoloxía con formación específica nesta área para intervir axeitadamente en cada caso”, explicou a concelleira de Igualdade. Así mesmo, tamén se reforzará a autoestima das mulleres, tratando de que poidan levar unha vida autónoma en tódolos eidos da súa vida e que lles permita normalizar a súa situación persoal.
A edil naronesa animou ás mulleres a que “no caso de que teñan a máis mínima dúbida de que están sendo vítimas de violencia de xénero que se acheguen ao Concello, donde continuaremos poñendo os servizos precisos á súa disposición para loitar contra esta lacra social”. Sabio recordou que as mulleres vítimas de violencia de xénero que se dirixen á administración local en busca de axuda póñense en contacto con asistentes sociais e tamén coas entidades coas que habitualmente colabora o Consistorio, como Almat, o Patronato Concepción Arenal e a Casa de Acollida de Ferrol.
A edil indicou que nos últimos datos oficializados desde o Concello, do exercicio de 2015, un total de vinte e cinco mulleres recibiron atención no marco deste programa a través da administración local. O Programa de atención psicolóxica ás vítimas da violencia de xénero está financiado integramente polo Concello de Narón.


Descarga de archivos
Atención psicolóxica vítimas violencia de xéneroTamaño: 7,98 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal