Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AS DOCE CARROZAS DA CABALGATA SOLIDARIA PERCORRERÁN UN TRAMO DA ESTRADA DE CASTELA ENTRE XUVIA E A PRAZA DE GALICIA
AS DOCE CARROZAS DA CABALGATA SOLIDARIA PERCORRERÁN UN TRAMO DA ESTRADA DE CASTELA ENTRE XUVIA E A PRAZA DE GALICIA
As carrozas realizadas nas diferentes parroquias e barrios da cidade partirán ás 16.00 horas das inmediacións da estación de FEVE en Xuvia, para chegar sobre as 17.00 á Praza de Galicia, donde os nenos e nenas recibirán a Melchor, Gaspar, Baltasar e o cuarto rei, Artabán
Narón, 4 de xaneiro de 2017. As doce carrozas que forman parte da comitiva da Cabalgata Solidaria do Concello de Narón partirán o día 5 ás 16.00 horas de Xuvia –das inmediacións da estación de FEVE-, e percorrerán un tramo da estrada de Castela -que se pechará á circulación rodada durante o paso das carrozas- para chegar ás 17.00 á Praza de Galicia. Alí serán recibidos de xeito institucional os participantes e a veciñanza pola edil de Acción Social, Catalina García, e ás 17.35 horas está prevista a mensaxe dos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, e do Rei sabio Artabán. Os nenos e nenas gozarán dunha xornada que continuará ás 17.45 horas coa interpretación da panxoliña “Narón brila en Nadal” e coa tradicional recepción dos Reis Magos e Artabán na citada praza, donde tamén haberá un espectáculo de animación infantil.
Entre as doce carrozas estarán representadas unha gran variedade de comitivas –unha por cada parroquia cunha temática específica-, de mouros e mouras, de Artabán, personaxes de conto, apalpadores, paxes reais, etc., e unha propia de elementos de Nadal representada pola Asociación de minorías étnicas, integrada por unhas vinte e cinco persoas. Os veciños e veciñas das diferentes parroquias do rural e barrios da zona urbana implicáronse nas últimas semanas na decoración das carrozas do Val, A Gándara, Pedroso, O Alto, O Couto, Xuvia, Piñeiros, Freixeiro, San Xiao, Doso, Sedes e Castro, donde se recolleron diferentes alimentos que se doarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón (conservas, produtos de hixiene, azucre, leite enteiro, etc.). Estes produtos trasladaranse nun vehículo cedido pola Concellería de Servizos de Narón para o evento e que conducirá persoal do Speis de Narón.
No seu percorrido as carrozas irán acompañadas de grupos musicais e tamén de veciñanza ataviada con vestimentas relacionadas coa temática de cada unha, entre as que están: “O Apalpador”; “A Pena Molexa”, “A comitiva do Rei Artabán”, “A familia e a corresponsabilidade”, entre outras.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal