Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ESPERANZA RODRÍGUEZ E JUAN GÓMEZ, GAÑADORES DAS DÚAS ÚLTIMAS CESTAS SORTEADAS NA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
ESPERANZA RODRÍGUEZ E JUAN GÓMEZ, GAÑADORES DAS DÚAS ÚLTIMAS CESTAS SORTEADAS NA CAMPAÑA
A través desta iniciativa sortearanse o vindeiro 11 de xaneiro dous vales de compra por importe de 500 euros cada un e outros dous de 300 euros entre a clientela dos comercios adheridos á campaña
Narón, 7 de xaneiro de 2017. As dúas últimas cestas sorteadas no marco da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, foron para Esperanza Rodríguez Rodríguez e Juan Gómez Buyo. Os sorteos realizáronse nos establecementos Temadi e Woonka, respectivamente, e forman parte dos incluidos na citada campaña, organizada pola Concellería de Promoción Económica e a Asociación de Comerciantes de Narón.
A maiores das catro cestas con produtos de Nadal xa sorteadas, esta proposta, dirixida aos pequenos establecementos locais co obxectivo de fomentar as compras nos mesmos, inclúe o sorteo, o vindeiro día 11 de xaneiro, de dous vales por importe de 500 euros cada un e outros dous de 300 euros. Participará no mesmo a clientela que adquiriu produtos nas últimas semanas nalgún dos 135 establecementos comerciais da localidade adheridos á campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, donde se lles entregaba unha papeleta para cubrir cos seus datos persoais e depositar nunhas urnas. As catro persoas que resulten gañadoras destes vales recibiranos o vindeiro día 12 no transcurso dun acto que se convocará no Concello de Narón e deberán gastalos os días 16 e 17 deste mes –estableceranse dúas quendas- nun mínimo de tres comercios locais adheridos a esta iniciativa.
A campaña, iniciada o día 15 do pasado mes de decembro na localidade, remata hoxe, 7 de xaneiro, e inclúe, ademais do sorteo de catro cestas con produtos de Nadal, outro de catro vales por un importe conxunto de 1.600 euros, e a entrega de sobres sorpresa con agasallos para as persoas que entregan nos comercios adheridos alimentos, roupa ou xoguetes para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. As persoas interesadas en consultar os establecementos participantes poden facelo a través da páxina web da Asociación de Comerciantes de Narón: www.comerciodenaron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal