Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
VENDIDAS UNHAS SETECENTAS ENTRADAS PARA O CONCERTO DE SÉS NO PAZO DA CULTURA
VENDIDAS UNHAS SETECENTAS ENTRADAS PARA O CONCERTO DE SÉS NO PAZO DA CULTURA
A cita, que terá lugar o sábado 14 de xaneiro, abrirá a programación cultural do primeiro trimestre deste ano no Pazo
Narón, 10 de xaneiro de 2017. A programación cultural do primeiro trimestre do ano no Pazo da Cultura comezará este sábado, día 14, co concerto de Sés. A cantautora coruñesa María Xosé Silvar, Sés, interpretará en Narón temas do seu último disco –o cuarto na súa carreira musical, que viu a luz o pasado mes de decembro-, titulado “Opoñerse á extinción”. A cita será a partir das 20.00 horas e as entradas, xa á venda na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, teñen un prezo de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. A día de hoxe están vendidas unhas setecentas entradas.
O concerto terá unha duración de case dúas horas, un tempo no que o público poderá gozar da música de autor, do blues e dos sons latinoamericanos da man de Sés e dos seus músicos habituais: Tito Calviño (guitarra), Fernando Fraga (baixo), Lorena “Cachito” Martín (batería), Lucía Cela, Lucía Souto e Lucía Ínsua (coros) e Chicho Cordero (percusións).
O domingo, día 15, será o turno da danza contemporánea, nesta ocasión cunha estrea a cargo de Cristina Montero e Rut Balbís, Las Tricotouses, que protagonizarán o espectáculo “Emoticores”, dirixido a todos os públicos a partir de 8 anos. A cita dará comezo ás 18.00 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura de Narón a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados.
O espectáculo está pensado para rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos, centrándose nas cores e na súa función como ferramenta para recoñecer espazos emocionais que precisan ser expresados. A través da cor, do movemento e da iluminación xorden unha serie de emocións cunha estética moi atractiva para os nenos e as nenas.
A programación deste mes de xaneiro no Pazo da Cultura inclúe ademais dous espectáculos teatrais, enmarcados no xénero da comedia. O día 21 será o turno da compañía Sarabela Teatro, que representará a obra “Normas para saber vivir na sociedade moderna”, e o día 28 o de Contraproducións SL, coa obra “O tolleito de Inishmaan”. Ambas representacións darán comezo ás 20.00 horas e as entradas están xa á venda.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal