Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AS GAÑADORAS DOS CATRO VALES DE COMPRA DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE" RECIBIRÁN O PREMIO NO CONCELLO
AS GAÑADORAS DOS CATRO VALES DE COMPRA DA CAMPAÑA
O alcalde, José Manuel Blanco, o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, e representantes da Asociación de Comerciantes de Narón entregarán os vales o día 12 de xaneiro no Consistorio
Narón, 11 de xaneiro de 2017. O Concello de Narón acolleu esta mañá o sorteo dos catro vales de compra, dous por importe de 500 euros e outros dous de 300, da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”. As gañadoras foron: Ana Rocío Corral González (Narón) –Librería Day- e María Ángeles Castro (Narón) –Peluquería G2-, cada unha cun vale de 500 euros, e Rosa González Bargas (Narón) e Marina López Soto (Narón) –Droguería Dyppo-, cun vale de 300 euros cada unha. Os premios entregaranse mañá día 12 ás 11.30 horas no Concello. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, e Olga Ameneiro e Mónica Cereijo, da Asociación de Comerciantes de Narón, foron os encargados de realizar o sorteo, para o que se recolleron, en conxunto, unhas 20.000 papeletas nos 142 establecementos adheridos á campaña.
As gañadoras dos vales deberán gastalos os días 16 e 17 deste mes en alomenos tres establecementos comerciais que participaron nesta campaña. Estableceranse catro quendas –en horario de mañá e de tarde- para realizar as compras, xornadas nas que as premiadas estarán acompañadas por persoal da organización da iniciativa ata esgotar o importe dos seus respectivos vales.
A campaña iniciouse o pasado 15 de decembro e prolongouse ata o día 7 de xaneiro. Durante esas semanas as persoas que realizaron compras nalgún dos comercios adheridos na localidade á iniciativa recibiron unhas papeletas que, unha vez cubertas, lles deron a opción de obter algún dos agasallos desta iniciativa, entre eles os catro vales sorteados hoxe e catro cestas con produtos de Nadal que se entregaron os días 2 e 5 deste mes.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal