Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGADOS NO CONCELLO OS CATRO VALES DE COMPRA DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
ENTREGADOS NO CONCELLO OS CATRO VALES DE COMPRA DA CAMPAÑA
As galardoadas, catro veciñas de Narón, deberán gastar o importe dos vales nas xornadas dos días 16 e 17 de xaneiro -estableceranse quendas de mañá e tarde- en comercios adheridos á iniciativa
Narón, 12 de xaneiro de 2017. As catro veciñas de Narón agraciadas cos vales de compra sorteados na campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, recibiron esta mañá o seu premio no Concello. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, e Olga Ameneiro e Eva Pena, en representación da Asociación de Comerciantes de Narón, foron os encargados de entregar os vales. Ana Rocío Corral -recolleu no seu nome Salvador Corral- e María Ángeles Castro recibiron cada unha un vale por importe de 500 euros, por gastos realizados nos establecementos Librería Day e Peluquería G2, respectivamente. Os vales de 300 euros recaeron en Rosa González -recolleu Francisca Bargas- e Marina López, esta última premiada cunha papeleta obtida por realizar compras na Droguería Dyppo. As afortunadas deberán gastar o importe dos vales os días 16 e 17 deste mes nun mínimo de tres dos 142 establecementos adheridos á campaña.
O edil de Promoción Económica felicitou ás galardoadas no último sorteo da campaña e valorou a elevada participación dos comerciantes da localidade –un total de 142- nesta nova edición da campaña, desenvolvida entre o 15 de decembro e o 7 de xaneiro. Así mesmo, valorou tamén a execelente acollida que tivo entre os veciños e veciñas tanto de Narón como doutros concellos que realizaron algunhas compras nos establecementos da cidade, “donde se ofrecen unha gran variedade de produtos de calidade”. Finalmente, o edil destacou o papel da Asociación de Comerciantes de Narón e comprometeu o respaldo do goberno local a este tipo de propostas encamiñadas a “incentivar as compras nos comercios do municipio”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal