Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O I ENCONTRO LOCAL DA MOCIDADE DE NARON CONGREGOU NA PRAZA DE GALICIA A DIVERSOS COLECTIVOS XUVENÍS
O I ENCONTRO LOCAL DA MOCIDADE DE NARON CONGREGOU NA PRAZA DE GALICIA A DIVERSOS COLECTIVOS XUVENÍS
Realizaron demostracións de freeride, graffitis, música, malabares, patinaxe, moda e capoeira.
Narón, 9 de Xuño de 2008.- A Concelleira de Mocidade e Participación Cidadá de Narón, Natalia Hermida Rico, destacou o éxito de participación no primeiro Encontro Local da Mocidade “Enlomos”, que se celebrou o pasado 7 de Xuño na Praza de Galicia, en horario de 10 a 20 horas. O evento organizado polo Concello de Narón reuníu a un centenar de xóvenes que realizaron demostracións das actividades que practican a cotío no municipio, e que son as seguintes: freeride, graffitis, música, malabares, patinaxe, moda, e capoeira.

O Encontro da Mocidade tivo lugar na Praza de Galicia, nun escenario ó aire libre no que se habilitaron espazos diferenciados para cada unha das demostracións. “Resulta importante para nos facer este evento aquí, porque nestes tempos de videoconsolas e Internet, pretendemos dende o Concello que os mozos/as recuperen as prazas públicas como lugar de encontro e intercambio de experiencias”, sinalou Natalia Hermida na presentación do Encontro ante os medios de comunicación.

A Concelleira de Mocidade resaltou tamén o feito de que as administracións “deben estar ó servizo das persoas e non ó revés. Nese sentido resulta crucial o compromiso do Concello por favorecer as actividades que promovan a participación cidadá, facilitando o encontro e o diálogo entre os xóvenes”, declarou. Hermida recordou tamén que nos últimos tempos, Narón tense convertido “nun concello en crecemento, dinámico e plural. Somos un municipio cun crecemento vexetativo positivo, ademáis dun municipio de acollida no que a xente xoven ten moito que decir”.

A actividade estivo dirixida a xóvenes con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, especialmente a aqueles que se atopan na franxa de idade entre os 16 e os 23 anos.

Más fotos de la noticia
Xóvenes bailando Breakdance
Escola de Capoeira AYE
Demostración de freeride (montura libre de bicicleta)
Graffiteiros venidos de distintos puntos de Galicia
Participantes no ciclo de Moda
Alumnos da Escola de Música Moderna de Narón
Mozos practicando Skate


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal