Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DISTINGUIRÁ AOS DEZ "USUARIOS DE HONRA 2017" DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O acto prográmase con motivo do Día do usuario e usuaria da biblioteca, que se conmemora cada 11 de xaneiro, e terá lugar o vindeiro día 14 nas instalacións da Biblioteca municipal de Narón
Narón, 12 de xaneiro de 2017. A Biblioteca municipal de Narón distinguirá este sábado a dez “Usuarios de Honra 2017”, nas categorías de Infantil e Adultos. Así o anunciou a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, que indicou que a convocatoria responde á celebración do Día do usuario e usuaria das bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro. O alcalde, José Manuel Blanco, presidirá este acto, que dará comezo ás 11.30 horas na planta baixa das instalacións da Biblioteca municipal, no Alto do Castiñeiro (rúa 25 de Xullo). Con esta distinción, que se leva a cabo desde hai catro anos na localidade, recoñécese a un grupo de usuarios e usuarias que destacaron “pola súa especial implicación coa biblioteca durante o ano anterior, neste caso o 2016”, tal e como apuntou Taibo. A edil naronesa avanzou que na categoría Infantil (ata 15 anos) recibirán a distinción: Adrián Muíño Dacal, Sophie Airado Nunes, Mouhamadou Laye Niang, Candela Cabezón Barro e Lovette Diatta Diatta. Na modalidade de Adultos, os “Usuarios de Honra 2017” son: Margarita Silvosa Iglesias, Andrés Martínez Riveira, Rosa Montero Ferro, Carlos Noche Golpe e Patricia Alcaraz Guitián. O alcalde e a edil de Bibliotecas recibirán aos Ususarios de Honra nas citadas instalacións e entregaranlles un diploma acreditativo e un agasallo durante o transcurso do acto. A Concelleira de Bibliotecas destacou a excelente acollida que ten entre a veciñanza este servizo, desde o que se programan múltiples actividades ao longo do ano. Na actualidade, a Biblioteca municipal de Narón conta con 16.405 usuarios inscritos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal