Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE E O DIRECTOR XERAL DE EMERXENCIAS ESTUDARÁN POSIBLES VÍAS DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E A XUNTA
O ALCALDE E O DIRECTOR XERAL DE EMERXENCIAS ESTUDARÁN POSIBLES VÍAS DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E A XUNTA
O rexedor local, José Manuel Blanco, recibiu no seu despacho a Luis Menor, xunto con outros representantes da administración local, autonómica e do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento de Narón
Narón, 12 de xaneiro de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu hoxe no seu despacho ao director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Luis Menor, que se desprazou ao Concello con motivo dunha visita protocolaria. Menor estivo acompañado polo subdirector Xeral, José Antonio Grande; o xefe do servizo de Protección Civil da Xunta, Pedro Luis Sánchez e Chus Agras, adxunta á xefatura provincial de Emerxencias. En representación do Concello asistiron tamén o edil de Protección Civil e Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo e a primeira tenente de Alcalde, Marián Ferreiro, se ben tamén acudiu á reunión celebrada en Alcaldía o xefe do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) do Concello de Narón, Rafael Pazos.
O rexedor local valorou a visita realizada polos representantes da administración autonómica e plantexoulles a necesidade de estudar a ampliación dos servizos actualmente operativos no Concello, “para dar cabida e colaborar con outros municipios da zona norte que poidan ter algún tipo de necesidade respecto a este servizo”. Así mesmo, Blanco incidiu na importancia de que se aborde a posibilidade de que Narón entre a formar parte do Consorcio Provincial ou, de non ser así, que se asinen convenios de colaboración entre as administracións autonómica e local referentes ao servizo.
Unha vez rematada a reunión no Concello os asistentes desprazáronse ás instalacións do Speis de Narón, no polígono de Río do Pozo, donde o inspector xefe, Rafael Pazos, e o sarxento, Carlos Castro, explicaron máis polo miúdo o sistema de traballo e a equipación coa que conta o Speis local.
O Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento de Narón está formado na actualidade por un total de vinte e dúas persoas e, entre outras dotacións e equipamento, conta con nove vehículos. O pasado ano, tal e como apuntou Rafael Pazos, o Speis realizou un total de 1.135 servizos, relativos a incendios, rescates de persoas, de animais, asistencias técnicas, servizos especiais e prevención, entre outros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal