Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O SANEAMIENTO INTEGRAL DA RÍA INICIARASE O VINDEIRO MES DE ABRIL
O SANEAMIENTO INTEGRAL DA RÍA INICIARASE O VINDEIRO MES DE ABRIL
Acordo entre Augas de Galicia e os Concellos de Narón e Ferrol tras unha reunión mantida na Xunta para comezar a depuración real no prazo de tres meses
Narón, 13 de xaneiro- Acordo a tres bandas entre os Concellos de Narón e Ferrol e Aguas de Galicia, para a posta en marcha do saneamento integral da ría o vindeiro 1 de abril. Así o anunciaban os rexedores de ambos concellos, Jose Manuel Blanco e Jorge Suárez, que esta mañá asistían xuntos a unha extensa xuntanza en Compostela na oficinas de órgano autonómico da Xunta de Galicia cun obxectivo común e concreto: pechar un acordo a tres bandas para a tramitación dun convenio para a xestión integral do ciclo da auga cunha data para o inicio real da depuración da ría de Ferrol logo de moitos anos de espera, retrasos, enganos e despropósitos, como o destapado polo Goberno de Ferrol en agosto do 2015.
“Nós transmitimos que as obras da depuradora remataron e se certificaron o día 30 de novembro do 2016 e non antes”, subliñou o primeiro edil de Ferrol, que destacaba que a posta en marcha da depuradora antes de esa data “era inviable”, por mor dos defectos construtivos xa coñecidos e que así acreditaron documentalmente distintas autorías externas e independentes e informes dos técnicos municipais.
“Ata o momento, era inviable a tramitación da xestión dos interceptores xa que non se podía depurar toda a agua canalizada, tal e como se nos fixo crer no pasado porque a depuradora non estaba en condicións de funcionar”, manifestaba Suárez. “E dende logo, nós -como alcaldes de Narón e Ferrol- non estabamos dispostos a estafar a cidadanía e cobrarlles unha taxa que sería ilegal por obras incompletas que non se podían xustificar nin incluír legalmente”, subliñou.
Segundo expuxeron hoxe Blanco e Suárez ao termo da xuntanza, o próximo paso para avanzar na depuración real da nosa ría é a sinatura dun acordo entre as tres Administracións (locais e autonómica) para avanzar nese camiño.
Agora si, destacaron ambos, xa existe unha disposición por todas as partes para a tramitación dun convenio a tres bandas: Concellos de Narón e Ferrol e Augas de Galicia para a xestión do ciclo integral da auga, ese polo que os dous concellos da ría levan décadas agardando e que, se se cumpren os compromisos adquiridos hoxe pola Xunta, xa ten data de inicio: comenzará o 1 de abril do 2017.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal