Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLEU O ACTO DE DISTINCIÓN DOS DEZ "USUARIOS DE HONRA 2017"
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLEU O ACTO DE DISTINCIÓN DOS DEZ
O recoñecemento convócase para as categorías Infantil (ata 14 anos) e de Adultos e ten entre os obxectivos homenaxear aos usuarios e usuarias do servizo pola súa activa participación e implicación
Narón, 14 de xaneiro de 2017. A Biblioteca municipal do Alto acolleu esta mañá o acto de distinción dos dez “Usuarios de Honra 2017” das instalacións con motivo da celebración do Día dos usuarios e das usuarias das bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro. A edil da área, Mercedes Taibo, presidiu a convocatoria, que se iniciou ás 11.30 horas, e comezou a súa intervención desculpando a ausencia do alcalde, José Manuel Blanco, que por motivos de última hora non puido acudir ao evento, tal e como estaba previsto. Taibo agradeceu a asistencia dos homenaxeados “a este acto tan importante para a Biblioteca municipal, porque todos e todas vós, veciñas e veciños de Narón, sodes fundamentais para este servizo”. A concelleira de Bibliotecas recordou que con este acto se aposta por recoñecer “a activa participación e a implicación destas persoas nas diferentes propostas impulsadas desde este servizo, así como a súa interacción a través das redes sociais durante o ano 2016”.
A continuación procedeuse a entregar un diploma e uns agasallos institucionais aos cinco “Usuarios de Honra 2017” na categoría de Adultos: Margarita Silvosa Iglesias, Andrés Martínez Riveira, Rosa Montero Ferro, Carlos Noche Golpe e Patricia Alcaraz Guitián e, posteriormente, aos da Infantil (ata 14 anos): Sophie Airado Nunes, Mouhamadou Laye Niang, Candela Cabezón Barro, Lovette Diatta Diatta e Adrián Muíño Dacal. Sobre o último, Taibo destacou o feito de que, aos seus dous anos e medio, é a persoa de menor idade que recibiu, nas catro convocatorias desenvolvidas de xeito consecutivo, contando a de hoxe, a distinción de “Usuario de Honra”.
Taibo recordou tamén que desde o ano 2015 o servizo conta con presencia activa nas redes sociais a través de Facebook –Biblioteca Pública Municipal de Narón- e Twitter -@BibliotecaNaron-, interactuando a través delas cos usuarios e usuarias.
Para finalizar a súa intervención a edil de Bibliotecas mencionou unha coñecida frase do escritor arxentino Jorge Luis Borges: “Hai quen non pode imaxinar un mundo sen paxaros; hai quen non pode imaxinar un mundo sen auga, e no que a min se refire, son incapaz de imaxinar un mundo sen libros”. “Moitos e moitas de vós pensaredes o mesmo”, asegurou Taibo.
A Biblioteca municipal comezou a funcionar no ano 1986 no actual edificio da Casa da Cultura –nas inmediacións da estrada de Castela- e no ano 2003 inauguráronse as actuais instalacións, localizadas na rúa 25 de Xullo, a escasos metros do Concello. Na actualidade, un total de 16.405 persoas teñen o carné que os acredita como usuarios deste servizo, no que se ofrece a posibilidade de lectura en sala, formación a usuarios e usuarias, préstamo a domicilio e hemeroteca, entre moitos outros.
O horario de apertura das instalacións durante a tempada de inverno é de luns a venres, de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 e os sábados de 10.00 a 13.00.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal