Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PROGRAMA "BICA E ARRINCA" PROMOVERÁ ZONAS SEGURAS DE PARADAS DE VEHÍCULOS FRONTE A CINCO COLEXIOS
O PROGRAMA
A iniciativa, que conta co respaldo das Anpas e dos propios centros educativos, comezará a implantarse este mes, sendo voluntaria a participación vecinal
Narón, 23 de xaneiro de 2017. A Concellería de Seguridade Cidadá, dirixida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, iniciará este mes o programa “Bica e arrinca”, que consiste na habilitación de espazos nas entradas aos colexios para que os pais e nais dispoñan dunha zona segura para deixar aos seus fillos e fillas á hora de entrar ao centro, realizando unha parada e despedíndose deles ás portas dos colexios para a continuación retomar a marcha. O edil naronés saíu ao paso das acusacións realizadas polos populares, incidindo en que se mantiveron varias xuntanzas con persoal das Anpas dos centros nos que se aplicará este programa: Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, A Solaina e O Feal e tamén con outros representantes da comunidade educativa. Sánchez Fojo valorou a iniciativa, destacando que será “voluntaria” para as familias e avanzou que se porá en marcha nos vindeiros días.
“O programa “Bica e arrinca” en ningún momento pretende eliminar zonas de estacionamento xunto aos centros escolares, senón que aposta por habilitar lugares seguros, neste caso acotando con sinalización horizontal, e nun tempo limitado, espazos de catorce metros ás portas dos recintos educativos, para que os nenos e nenas poidan baixar do vehículo nas condicións de seguridade óptimas”, subliñou o concelleiro naronés.
A falta de realizar o pintado desa sinalización horizontal, tarefas que previsiblemente comezarán mañá, xa se instalaron os indicativos verticais deste servizo. Estará operativo de luns a venres nos cinco colexios implicados inicialmente, de 8.30 a 9.10 horas e, no colexio do Feal, con clases tamén en horario de tarde, funcionará ademáis entre as 16.00 e as 16.40 horas, tal e como indicou Sánchez Fojo.
O equipo de Seguridade Vial do Concello traballa nesta proposta, xunto con outras que se porán tamén en marcha na localidade, como os “Camiños seguros” ou os “Aparcamentos disuasorios”. A proposta de “Bica e arrinca” aposta por acollerse ás medidas propostas desde a Fundación Mapfre sobre a seguridade nos entornos escolares do concello. “Trátase de consolidar de xeito global, a través destas propostas, unha cultura de mobilidade segura na comunidade escolar”, destacou o concelleiro naronés.
O programa de Educación Vial do Concello consolidou nos últimos dez anos unha proposta educativa relacionada coa cultura da mobilidade, “buscando en todo momento o consenso de toda a comunidade educativa, o que inclúe ás Anpas, aos docentes e aos escolares”, apuntou Sánchez Fojo.
O edil de Seguridade Cidadá asegurou que “estes proxectos están perfectamente definidos e tanto desde as Anpas e colexios implicados como desde a oficina de Educación Vial situada no Concello, está a disposición dos interesados a información relativa a cada un deles, que pode consultar calquera persoa, ou mesmo aclarar as posibles dúbidas que teña ao respecto”. O concelleiro agradeceu de novo a colaboración prestada tanto desde desde as Anpas como desde os centros e as familias en todas cantas propostas se impulsan desde o Concello co fin de incrementar a seguridade viaria no termo municipal naronés. Así mesmo, indicou que días antes da posta en marcha do programa “Bica e arrinca” se informará de novo ás Anpas e aos vecinos.


Descarga de archivos
Bica e arrincaTamaño: 830,48 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal