Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DA COMEDIA "O TOLLEITO DE INISHMAAN"
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DA COMEDIA
A posta en escena desta obra, baixo a dirección de Cándido Pazó, terá lugar o sábado 28 de xaneiro a partir das 20.00 horas
Narón, 25 de xaneiro de 2017. A compañía Contraproducións SL representará este sábado, día 28, a obra O tolleito de Inishmaan no Pazo da Cultura. A posta en escena desta comedia dará comezo ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. Baixo as ordes dun dos máis afamados directores do panorama teatral galego, Cándido Pazó, o elenco da obra, do que forman parte Santi Romay, Susana Dans, Evaristo Calvo, María Roja, Ana Santos, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro e Luis Iglesia, subirase ao escenario para interpretar esta comedia, ambientada nunha pequena illa irlandesa, chamada Inishmaan, e nos anos 30.
Un dos protagonistas da obra é Billy, un home eivado para o que o día a día na illa se complica mentres persegue o que para el é un soño, ser valorado como o resto de persoas. A mentira será un dos eixos centrais desta obra, como modo de xerar entretemento nas vidas dos habitantes da illa, que non deixan de inmiscuírse nas do resto da veciñanza para romper a rutina das súas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal