Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
APROBADA NO PLENO UNHA MOCIÓN PARA INSTAR A AUGAS DE GALICIA A ELABORAR UN PLAN DE ACTUACIÓNS PARA O REPARTO DE FUTUROS FONDOS PARA O SANEAMENTO
APROBADA NO PLENO UNHA MOCIÓN PARA INSTAR A AUGAS DE GALICIA A ELABORAR UN PLAN DE ACTUACIÓNS PARA O REPARTO DE FUTUROS FONDOS PARA O SANEAMENTO
No documento alúdese a necesidade de fixar uns criterios obxectivos para o reparto de fondos destinados a actuacións proxectadas nas zonas rurais e limítrofes dos concellos
Narón, 26 de xaneiro de 2017. A alcaldesa accidental de Narón, Marián Ferreiro, presidiu a sesión plenaria celebrada esta tarde, a partir das 19.00 horas, no Concello. Ferreiro desculpou a ausencia do rexedor local, José Manuel Blanco, ao inicio da sesión. No transcurso da mesma aprobouse cos votos favorables do tripartito naronés –TEGA, PSOE e BNG- e os dous do Grupo Mixto –EU e ENE- unha moción presentada polos nacionalistas para instar a Augas de Galicia a elaborar un Plan de actuacións con criterios obxectivos para repartir os fondos destinados ao saneamento da zona rural e as limítrofes. No documento consta tamén que no citado Plan deberá incluírse o criterio de compensación das actuacións aprobadas nos últimos meses. Os cinco edís do Partido Popular votaron en contra desta moción, na que o Concello se compromete a promover xuntanzas cos concellos limítrofes –San Sadurniño, Valdoviño e Neda- para abordar as necesidades de saneamento nos lindes dos citados termos municipais e trasladarllas a Augas de Galicia.
Na sesión plenaria acordouse por unanimidade a adhesión do Concello á Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A finalidade desta proposta é a colaboración entre ambas administracións para mellorar os servizos que se prestan nesa área, ao tempo que potenciar o uso do galego desde os Concellos e nas relacións cos administrados. O responsable político da citada Rede será o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, se ben tamén se designa a un técnico do Concello, da área de Normalización Lingüística.
Así mesmo, por unanimidade saíu adiante unha moción de EU para habilitar unha oficina municipal de Información e Orientación para a integración da poboación inmigrante de Narón e comarca. Na proposta determínanse as funcións desa oficina, entre as que están as de orientar e asesorar á poboación inmigrante, promover actuacións de sensibilización sobre valores de solidariedade, tolerancia e respecto para evitar comportamentos racistas e xenófobos, canalizar demandas do colectivo, etc. O Concello comprométese a traballar a través da Mancomunidade ou mediante un convenio co veciño municipio de Ferrol para a posta en marcha desta oficina.
Pola súa parte, o PSOE presentou unha moción sobre o reinvestimento do superávit, instando ao Goberno central a que atenda as demandas plantexadas polos Concellos e tal e como formulou a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) na reunión da Comisión Nacional de Administración Local permita utilizar o superávit en 2017 sen necesidade de xerar novos ingresos polo mesmo importe. A proposta debería realizarse, apuntan, a través dunha autorización legal para o reinvestimento que parta da prórroga orzamentaria dos Orzamentos Xerais do Estado. Votaron a favor os edís do goberno local –TEGA, PSOE e BNG- e o concelleiro de EU, se ben o representante de ENE abstívose e os edís populares votaron en contra.
Na sesión rexeitouse a moción presentada polo Grupo Mixto, neste caso a través de Eliximos Narón Electores (ENE) solicitando a modificación do programa de facturación de Cosma. A proposta non contou co voto favorable do resto de edís da corporación local, polo que quedou rexeitada na sesión plenaria.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal