Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CAFÉ TEATRO DO PAZO DA CULTURA ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO LIBRO "A MAGNOLIA DE SANTA RITA E A CULTURA VERDE DE NARÓN"
O CAFÉ TEATRO DO PAZO DA CULTURA ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO LIBRO
O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, participaron no acto xunto con dous dos tres autores da publicación, Tomás Casal e Carlos Rodríguez, se ben a coautora, María Rodríguez, excusou a súa ausencia
Narón, 27 de xaneiro de 2017. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou xunto co alcalde de Narón, José Manuel Blanco, na presentación do libro “A Magnolia de Santa Rita e a Cultura Verde de Narón”, celebrado no café-teatro do Pazo da Cultura naronés. O acto tamén contou con dous dos autores da obra, Carlos Rodríguez Dacal e Tomás Casal Pita. A terceira coautora, María Rodríguez García-Garabal, que non puido acudir ao acto, escusou a súa ausencia.
Na súa intervención, Valentín González Formoso afirmou que este libro, editado pola Deputación da Coruña, pon en valor “a magnolia grandiflora de Xuvia, o principal emblema natural do concello de Narón” grazas ao “longo e exhaustivo traballo de investigación para documentar o importante valor simbólico da árbore centenaria” levado a cabo polos tres autores.
Pola súa banda, o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, agradeceu a colaboración da Deputación para por en valor “a árbore máis singular da nosa cidade, que forma parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia” e dar a coñecer a historia “da oitava cidade de Galicia”.
O presidente da Deputación destacou que a veciñanza de Narón “se caracteriza por pensar en verde”, e engadiu que “un dos signos que acredita o progreso e modernidade dun pobo é o respecto ao medio ambiente e a promoción e difusión da cultura verde”.
Neste sentido, González Formoso lembrou que en Narón, ademais do monumento da magnolia de Santa Rita, “existen outros referentes do apoio popular ao patrimonio vexetal”, como a Mostra da Camelia ou a promoción do pemento do Couto.
Valentín González Formoso afirmou que a Deputación comparte esta estratexia de conservación e posta en valor do patrimonio natural, a través do Plan de Medio Ambiente (PMA) “destinado a apoiar aos 93 concellos no mantemento e mellora da calidade ambiental do privilexiado entorno natural co que conta a nosa provincia”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal