Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÉXITO NA PRIMEIRA XORNADA DO PROGRAMA MUNICIPAL "BICA E ARRINCA" QUE SE DESENVOLVE EN CINCO COLEXIOS DA CIDADE
A Concellería de Seguridade Cidadá, dirixida por Guillermo Sánchez Fojo, impulsa esta proposta, con espazos debidamente sinalizados para deixar aos nenos e nenas ante o centro escolar sen aparcar, nos colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, A Solaina e O Feal
Narón, 30 de xaneiro de 2017. O programa municipal “Bica e arrinca” comezou a desenvolverse oficialmente esta mañá nos colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, O Feal e A Solaina. Ata este último centro desprazáronse a primeira hora os edís de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, e Ensino, Mercedes Taibo, xunto con persoal da Policía Local e do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. Entre as 8.30 e as 9.10 horas, moitos dos pais e nais que levaron ao colexio aos seus fillos e fillas secundaron esta proposta, que consiste en parar o vehículo ás portas do recinto escolar, nun tramo delimitado duns catorce metros de lonxitude, e con sinalización horizontal e vertical. Os pais e nais paran o vehículo no espazo indicado, bican aos fillos e fillas para despedirse e arrincan de novo, o que permite evitar problemas de conxestión e estacionamentos indebidos na zona nesas horas de entrada aos centros. O sistema está operativo tamén en horario de tarde no colexio do Feal desde as 16.00 ata as 16.40 horas, ao haber clases tamén pola tarde. O edil de Seguridade Cidadá, agradeceu aos pais e nais, ás comunidades educativas (Anpas e docentes) e á veciñanza dos barrios nos que se promove esta iniciativa, a súa colaboración desde o principio nesta proposta, encamiñada a “promover a mobilidade segura na comunidade escolar”. Sánchez Fojo explicou que “esta semana duplicaremos o esforzo realizado a través da Policía Local, que informará nos propios centros aos pais e nais que non coñezan aínda o programa sobre o seu funcionamento”. Así mesmo, o edil destacou que en cuestión duns meses esta iniciativa se complementará coa dos “estacionamentos disuasorios”, que tamén contribuirá a reforzar a seguridade cidadá, un dos obxectivos principais deste tipo de propostas impulsadas desde o goberno local. Pola súa parte, a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, amosou tamén a satisfacción da área de Educación con esta proposta, aludindo ao programa “Camiños seguros”, pendiente de iniciarse e que xunto co resto de iniciativas impulsadas desde o Concello de Narón “promoverá tamén a autonomía dos nenos e nenas, fomentando que vaian camiñando ao colexio nunhas condicións óptimas de seguridade por unhas rutas preestablecidas e debidamente sinalizadas”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal