Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ADXUDICARÁ Á EMPRESA EYRA A CONSTRUCCIÓN E EXPLOTACION DO PARQUE EÓLICO DE SEDES
O CONCELLO ADXUDICARÁ  Á EMPRESA EYRA A CONSTRUCCIÓN E EXPLOTACION DO PARQUE EÓLICO DE SEDES
Ingresará 600.000 euros nas arcas municipais, en concepto de canon.
Narón, 20 de Maio de 2008.- O Concello de Narón acolleu hoxe a reunión da Mesa de Contratación, na que se adxudicou á empresa Eyra o concurso para a construcción e explotación do “Parque eólico singular Monte de Nenos” en Sedes. Segundo informou hoxe en rolda de prensa o Alcalde, Xoán Gato, a este concurso foron presentadas tres ofertas, correspondentes ás firmas Eyra, Ankaria e Norvento.

A adxudicación do parque eólico permitirá ó Concello de Narón ingresar 600.000 euros en concepto de canon, ademáis de obter o 12% da producción bruta deste parque, o que levou ó rexedor a declarar que “este ingreso extraordinario equilibrará o presuposto do Concello, polo que podemos afirmar que a economía de Narón marcha ben”, dixo.

A empresa adxudicataria comprométese a construir o parque eólico no prazo de catro meses, polo que dende o Concello agárdase que a nova instalación entre en servicio antes de que remate este ano. Pero antes a Corporación Municipal deberá ratificar no Pleno a adxudicación feita hoxe pola Mesa de Contratación –na que estiveron presentes tódolos grupos políticos-.

Os criterios seguidos para a adxudicación foron propostos pola Fundación Parque Científico Tecnolóxico Rio do Pozo, quen elaborou un informe no que se establecían catro condicións sobre as que se puntuarían as ofertas.

En primeiro lugar, establecíase o pago dun canon anual de 30.000 euros (Eyra ofreceu 60.000€/ano) e outro variable do 7% da producción bruta do parque eólico (a adxudicataria elevou a oferta ata o 12%). Ademáis, pídese un adianto do canon fixo, comprometéndose Eyra a abonar 600.000€ en concepto de pago de 10 anos de canon fixo. Finalmente, valorouse o prazo de execución das obras, que a concesionaria rebaixou en 6 meses (establecíase un máximo de 10 meses e Eyra construirá o parque en 4).

Esta empresa obtivo a concesión do parque eólico ó presentar a mellor oferta económica, e tendo en conta que as máquinas e potencias instaladas non presentan ningún problema.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal