Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPAÑÍA TEATRO DO NOROESTE ESTREARÁ ESTA FIN DE SEMANA A OBRA "ESTADO DE GRAZA" NO PAZO DA CULTURA
A COMPAÑÍA TEATRO DO NOROESTE ESTREARÁ ESTA FIN DE SEMANA A OBRA
A vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou o feito de que a programación do primeiro trimestre de ano no Pazo inclúa catro estreas, unha de danza, que xa tivo lugar, e tres de obras teatrais
Narón, 31 de xaneiro de 2017. O Padroado da Cultura de Narón inclúe na súa programación do primeiro trimestre de ano un total de catro estreas teatrais –con sete funcións-, a cargo das compañías Las Tricotouses, Teatro do Noroeste, Talía Teatro e Eme2. A edil de Cultura e vicepresidenta do Padroado, Marián Ferreiro, destacou “a firme aposta do Padroado polo traballo que desde hai varios anos están a desenvolver no mundo das artes escénicas as compañías galegas”, subliñando que “en recoñecemento precisamente a este traballo, entre este mes e o de marzo programáronse catro estreas, tres de espectáculos de teatro e un que xa tivo lugar de danza”. Esta fin de semana, os días 3 e 4 de febreiro, representarase por primeira vez a obra "Estado de graza", de Teatro do Noroeste, ás 20.00 e 20.30 horas respectivamente. Trátase dunha compañía fundada no ano 1987, recordou Ferreiro, e “cunha ampla traxectoria no panorama teatral do noso país”. As entradas para este espectáculo están xa á venda no Pazo da Cultura –na billeteira ou a través da páxina web: www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados.
O vindeiro mes de marzo haberá dúas estreas máis. A primeira delas correrá a cargo de Talía Teatro, compañía constituída no ano 1988 e “hoxe firmemente consolidada no mundo do teatro”, subliñou Marián Ferreiro. A comedia "Ubú Rei" estrearase no Pazo, os días 3 e 4 de marzo –ás 20.30 e ás 20.00 respectivamente-.
Por último, a compañía galega Eme2, fundada no ano 2001, estreará a comedia "A noiva de Don Quixote". Será o día 10 de marzo ás 20.30 horas e o 11 ás 20.00 no Pazo da Cultura.
“Na mesma liña de continuar apoiando na medida das nosas posibilidades ás compañías galegas, desde o Padroado da Cultura continuaremos colaborando na difusión da destacada labor que realizan, porque consideramos que é imprescindible e básico ese apoio das administracións á cultura en xeral e ao mundo das artes escénicas en particular”, subliñou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal