Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO FESTIVAL DE COMPARSAS DE ENTROIDO
O PADROADO DA CULTURA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO FESTIVAL DE COMPARSAS DE ENTROIDO
As agrupacións interesadas en participar no evento, que terá lugar o vindeiro 25 de febreiro, deben presentar a documentación requerida no Pazo da Cultura en horario de mañá e con data límite o día 10 deste mes
Narón, 4 de febreiro de 2017. Os actos programados desde o Padroado da Cultura de Narón con motivo do Entroido contarán este ano con varias novidades. Así o anunciou a vicepresidenta do organismo, Marián Ferreiro, que anunciou que o 6 de febreiro abre o prazo de inscrición no Festival de comparsas. As agrupacións interesadas en participar poderán anotarse ata o día 10 de febreiro. O desfile de Entroido terá lugar o sábado 25 deste mes e partirá do Pavillón da Mocidade, na Gándara, ás 17.15 horas, ata a pista polideportiva da Solaina, en Santa Icía, donde se celebrará o Festival de Comparsas, previsiblemente a partir das 18.00 horas, baixo unha carpa instalada para a ocasión. As formacións sairán do Pavillón da Mocidade cara as rúas Bispo Argaya, Vigo, Concepción Arenal e a avenida da Solaina, ata chegar á pista polideportiva do citado barrio, donde se sucederán as actuacións das comparsas. “Esta é precisamente unha das novidades deste ano, sacar o desfile e as actuacións ás rúas de Narón, unha proposta coa que tratamos de dar máis visibilidade ao Entroido no noso concello, non limitando exclusivamente a programación desta xornada ao Pazo da Cultura, onde xa se convocan numerosos espectáculos e eventos ao longo do ano”, apuntou Ferreiro. As inscricións deben formalizarse no Pazo da Cultura, en horario de 9.00 a 14.00, tendo a obriga os interesados de presentar seis copias dos temas a interpretar e os datos persoais dun representante da comparsa.
A participación de comparsas limitouse a un máximo de sete de Narón e tres procedentes doutros concellos, cun mínimo de quince membros maiores de 14 anos. Así mesmo, a selección das agrupacións realizarase por rigorosa orde de inscrición e as letras deberán estar escritas en galego e abordar temas locais do concello de Narón, tal e como figura nas bases establecidas desde o Padroado da Cultura.
Unha vez que as comparsas cheguen á pista polideportiva da Solaina, en Santa Icía, comezarán as actuacións, dun tempo máximo de dez minutos cada unha, nas que os integrantes das agrupación deberán facer gala da súa ironía e humor, así como amosar a orixinalidade dos seus disfraces. Haberá axudas económicas do Padroado da Cultura para as comparsas de Narón de 600 euros; as de fóra de Narón, recibirán 300 euros e as convidadas –que poderá elixir o Padroado-, tamén obterán 300 euros. Así mesmo, as tres mellor valoradas polo xurado –que presidirá a vicepresidenta do Padroado, Marián Ferreiro, e entre o que haberá representantes elixidos polas comparsas, como novidade- recibirán como premio unha figura en recordo do Día do Entroido. As comparsas de Narón que participen no festival deberán realizar dúas actuacións, unha na súa parroquia e a segunda en calquera outra do municipio, e con percorrido no caso de ser posible, tal e como se indica nas normas da convocatoria.
A maiores, tamén este ano, tal e como apuntou Ferreiro, haberá premios para os mellores disfraces nas categorías: individual, parellas e de grupo (cun máximo de seis persoas). Os galardoados recibirán unha cesta con produtos para preparar un cocido, prato típico destas datas do ano.
A vicepresidenta do Padroado da Cultura animou ás comparsas da localidade, e tamén doutros concellos, a inscribirse no festival que se celebrará no municipio con motivo do Entroido, e que “goza dunha excelente acollida entre a veciñanza”. Así mesmo, e co fin de contribuír á ambientación local e a festexar esta data, tamén alentou á veciñanza a que acuda disfrazada ao Festival de Comparsas do vindeiro día 25, “o que ademais de darlle a posibilidade de obter un agasallo, permitiranos a todas e a todos gozar coas orixinais vestimentas que a xente prepara cada ano con motivo do Entroido”.


Descarga de archivos
CartazTamaño: 618,87 KBDescargar
Normas de participaciónTamaño: 94,38 KBDescargar
Ficha de inscriciónTamaño: 104,86 KBDescargar
Percorrido das comparsasTamaño: 6,55 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal