Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ESCOLA INFANTIL DA SOLAINA ACOLLERÁ A PRESENTACIÓN DO NOVO WEB "DO BERCE Á RÚA"
A ESCOLA INFANTIL DA SOLAINA ACOLLERÁ A PRESENTACIÓN DO NOVO WEB
A cita, á que se convocou aos pais e nais de menores matriculados nas garderías municipais, terá lugar o mércores 8 de febreiro
Narón, 6 de febreiro de 2017. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón vai presentar esta semana o novo web “Do berce á rúa”. Así o avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, ao indicar que o vindeiro mércores, día 8, a Escola Infantil Municipal da Solaina acollerá a presentación do novo portal web. A cita dará comezo ás 17.30 horas, tal e como indicou a edil naronesa, e á mesma están xa convidadas as familias usuarias das escolas infantís da localidade.
Taibo destacou as vantaxes deste tipo de iniciativas impulsadas desde o Servizo de Normalización Lingüística de Narón, en canto que “promoven a participación das familias no uso da lingua galega, inculcándollela aos seus fillos e fillas desde que son pequenos”. Taibo destacou os recursos que ofrece o web entre os que destacan: xogos, cancións, arrolos, primeiras palabras, e tamén recursos moi útiles sobre a saúde, nomes en galego e consellos de crianza, entre outros.
“A participación das familias é fundamental neste tipo de iniciativas, coas que colaboramos intensamente desde o Concello para tratar de facilitar na medida do posible unha serie de servizos e materiais para fomentar o uso da nosa lingua”, recalcou a edil de Ensino.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal