Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO LOCAL ENCARGA UN ESTUDIO DE IMPLANTACIÓN E MELLORA COMERCIAL
O GOBERNO LOCAL ENCARGA UN ESTUDIO DE IMPLANTACIÓN E MELLORA COMERCIAL
A Concellería de Promoción Económica pretende dinamizar os pequenos establecementos comerciais e de hostelería.
Narón, 22 de Maio de 2008.- A Concellería de Promoción Económica de Narón, dirixida por Angeles Díaz Pardo, ven de acordar a elaboración dunha guía de implantación e mellora comercial. Trátase da realización dun Estudo de Situación do Comercio e a Hostelería de Narón, onde existen aproximadamente 931 establecementos e que dan emprego a uns 2.513 traballadores –segundo datos da empresa que realizará o estudo, calculando que en cada establecemento traballan como media 2,7 empregados-.

Esta iniciativa irá acompañada dun programa informático interactivo para a posta en marcha dos novos negocios e a mellora dos existentes, co obxectivo de promocionar e dinamizar o sector comercial do municipio. “Dende o Concello pretendemos axudar ós comerciantes que queiran instalarse en Narón, asesorándoos sobre o mellor lugar para ubicar o seu negocio, e informándolles da viabilidade que poida ter o proxecto”, comentou a Concelleira.

Para elaborar a citada guía –da que se encargará a empresa Proxectos- se realizarán 400 enquisas a comerciantes e outras tantas a clientes, ademáis de ter en conta o censo de empresas comerciais e hostaleiras da Cámara de Comercio de Ferrol e o censo do municipio de Narón. O prazo de execución do proxecto, xa en fase de elaboración, é de 22 semanas polo que se prevé que a Guía do Comercio poida presentarse no mes de Setembro.

O primeiro que se realizará é un estudo da situación socio-económica do municipio, analizando as características do comercio en Narón, a problemática comercial, o asociacionismo, e a clientela. Con toda esta información, se redactará a Guía de Implantación e Mellora Comercial, na que destacarán dous apartados ben diferenciados: por un lado, a guía para a elaboración do plano de empresa, na que se analizan aspectos coma o contorno, a demanda de productos e clientes, a oferta dos mesmos, os recursos técnicos e humanos necesarios, a organización do traballo, e a elección da forma xurídica.

O segundo dos capítulos é a guía para a análise económico-financieira, na que se presentan ó emprendedor –a través dun sinxelo programa informático- cuestións coma os recursos económicos necesarios, o plano de financiamento, os investimentos, necesidades de tesourería, contas de resultados, balances, e ratios de rendibilidade e de estructura, atendendo sempre a diferentes escenarios posibles.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal