Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNS NOVECENTOS ALUMNOS E ALUMNAS DE NARÓN PARTICIPARÁN NUN ESTUDO SOBRE A INCIDENCIA DO ACOSO ESCOLAR NAS AULAS
UNS NOVECENTOS ALUMNOS E ALUMNAS DE NARÓN PARTICIPARÁN NUN ESTUDO SOBRE A INCIDENCIA DO ACOSO ESCOLAR NAS AULAS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, valorou a implicación dos centros educativos da localidade que se implicarán neste proxecto para a prevención do acoso
Narón, 6 de febreiro de 2017. Alumnado de sexto curso de Primaria e primeiro e segundo de Secundaria Obrigatoria de once centros educativos de Narón participará nun estudo pioneiro impulsado polo Concello sobre a incidencia do acoso escolar nos centros educativos da localidade, públicos e concertados. Así se acordou nunha xuntanza mantida pola edil responsable de Educación, Mercedes Taibo, coas directoras e os directores dos centros, e na que acordaron “colaborar neste proxecto, en materia de prevención do acoso nas aulas, coñecendo primeiro a situación real de man do alumnado para a continuación deseñar e aplicar accións concretas para a prevención e loita contra este tipo de feitos que desafortunadamente se rexistran nos centros educativos”, tal e como explicou a concelleira naronesa. A edil indicou que participarán neste proxecto un total de 895 alumnos e alumnas -299 de sexto de Primaria; 320 de primeiro de ESO e os 276 restantes de segundo de ESO- dos colexios Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, A Gándara, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, O Feal e dos institutos das Telleiras e Terra de Trasancos.
A metodoloxía consistirá nun cuestionario que se entregará aos destinatarios desta acción, no que terán que respostar unha serie de preguntas, entre elas se saben o que é o acoso escolar ou “bullyng” e que o definan, se o padeceron nalgunha ocasión, onde, quen arranxa o conflito e se son habituais no seu centro. A previsión de Ensino é que todas as enquisas, que entregará aos rapaces e rapazas unha psicopedagoga do Concello experta no tema, estean cubertas a finais do vindeiro mes de marzo, para a partir dese momento, indicou Taibo, “tendo en conta os resultados obtidos, adoitar as medidas que se estimen oportunas”.
As enquisas permitirán coñecer, en caso de que se detecte, a intensidade do nivel de acoso escolar e tamén analizar posibles factores de risco, identificándoos e axudando á súa prevención. “Nuns tempos como os actuais resulta imprescindible coñecer cal é a situación nas aulas dos centros educativos de Narón, incidindo tamén na percepción que o alumnado ten do acoso escolar, tanto nas aulas como a través das redes sociais, mediante o ciberacoso derivado do mal uso das novas tecnoloxías”, explicou a edil de Ensino.
“A colaboración dos centros educativos da localidade, así como dos rapaces e rapazas aos que se destina este proxecto, é imprescindible para avanzar conxuntamente na erradicación do acoso escolar, polo que desde o goberno local non podemos máis que agradecer a súa boa disposición e colaboración”, subliñou Taibo.
A responsable da área de Ensino en Narón destacou o feito de que o Concello de Narón “será pioneiro na elaboración dun estudo propio de acoso escolar” e tamén as vantaxas que terá tanto para a cidadanía en xeral, a nivel de información e concienciación de colectivos implicados, como dos centros educativos, que disporán de recursos encamiñados á prevención na materia, no caso de que así o requiran.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal