Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A ESTREA DA COMEDIA "O SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN"
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A ESTREA DA COMEDIA
A representación terá lugar o 11 de febreiro e convócase trala etapa da Residencia Técnica Artística compartida que a compañía Voadora levou a cabo no Teatro Colón da Coruña e no Pazo da Cultura naronés
Narón, 7 de febreiro de 2017. O teatro protagonizará esta fin de semana a actividade do Pazo da Cultura cunha nova estrea. Neste caso será o turno da compañía compostelá “Voadora”, que este sábado, día 11, representará a comedia O soño dunha noite de verán, dirixida por Marta Pazos. As entradas están xa á venda –na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. A representación dará comezo ás 20.00 horas.
O Padroado da Cultura de Narón e o Teatro Colón da Coruña acolleron a primeira Residencia Técnica Artística compartida entre teatros públicos na provincia, a cargo nesta ocasión da compañía “Voadora”, que tivo á súa disposición persoal e equipos de ambas instalacións culturais para os seus ensaios. O traballo realizado polo persoal de “Voadora” durante esa Residencia deu forma a este novo espectáculo, que parte da adaptación dunha obra de Shakespeare. Demetrio, Lisandro, Hermia e Helena son catro dos protagonistas desta obra, que vivirán diferentes historias de amor, con fugas e persecucións incluídas.
A comedia O soño dunha noite de verán representarase nas vindeiras semanas noutras localidades galegas, como Rianxo, Noia, Oleiros e Santiago de Compostela, entre outras.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal