Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE EN CINCO ACCIÓNS FORMATIVAS DE INCLUSIÓN TECNOLÓXICA DA REDE CEMIT A IMPARTIR NA ZONA URBANA
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE EN CINCO ACCIÓNS FORMATIVAS DE INCLUSIÓN TECNOLÓXICA DA REDE CEMIT A IMPARTIR NA ZONA URBANA
A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, recodou que aínda quedan algunhas vacantes para os cursos de "Mellora da empregabilidade en internet", "Posicionamento en internet e indicadores de xestión", "Creación da dinamización da túa web", "Marketing dixital: promoción comercial a través das redes sociais" e "A utilidade das TICs"
Narón, 9 de febreiro de 2017. As persoas interesadas en realizar accións formativas de inclusión tecnolóxica da Rede CeMIT dispoñen aínda de prazas libres para anotarse en cinco das oito especialidades ofertadas que se impartirán na Aula CeMIT de Xuvia. Así o recordou a concelleira de Mocidade e Formación, Natalia Hermida, ao explicar que todavía existen vacantes nos cursos de “Mellora de empregabilidade en internet” –que comezará o 21 de marzo-; de “Posicionamento en Internet e indicadores de xestión” –a partir do vindeiro luns, 13 de febreiro-; de “Creación e dinamización da túa web” –a partir do 15 de marzo-; de “Marketing dixital: promoción comercial a través das redes sociais” –que se iniciará o 17 de abril- e, por último, de “A utilidade das TIC” –desde o día 19 de maio-. Hermida recordou que a través do Concello xa se inscribiron nos cursos ofertados cincuenta e nove persoas, se ben recalcou que aquelas interesadas en anotarse nas accións formativas dispoñibles deben agora facelo a través da rede CeMIT, no enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/actividades?idCentro=48. Esta convocatoria a través da rede CeMIT é aberta a persoas de Narón e tamén doutros concellos.
En canto aos cursos da Rede CeMIT na zona rural, a concelleira naronesa explicou que teñen unha duración total de corenta horas e que se iniciaron o pasado 1 de febreiro nos locais sociais de Doso e San Xiao e rematarán o 23 de maio en Sedes. As accións formativas do rural son sobre: “Navegación segura”, “Redes Sociais” e “Trámites Electrónicos”, explicou Hermida, que avanzou que estas mesmas modalidades se convocarán de novo no mes de setembro. “Os cursos CeMIT da zona rural impártense nos locais sociais de Castro, Doso, Sedes, San Xiao e San Mateo, en diferentes días e horario sempre de tarde, se ben desde o Concello se ofertou a todas as parroquias da zona rural pero non en todas se conseguíu formar un grupo mínimo de alumnado para poder levalo a cabo”, apuntou a edil. “En total participan cincuenta e dúas persoas nas citadas parroquias, donde se traballa con dez ordenadores portátiles do Concello, se ben nos casos en que o alumnado é superior, nalgúns casos de doce persoas, son dúas as que levan os seus propios equipos”, explicou.
“Unha vez máis, desde a Concellería de Formación tratamos de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía en xeral, pero facendo especial fincapé na zona rural, no que constitúe todo un compromiso do goberno local por ofrecer actividades formativas que o goberno local considera necesarias para que poidan incorporar o uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs) no seu día a día”.
Finalmente Natalia Hermida agradeceu a colaboración das entidades veciñais da zona rural donde se imparten as sesións destinadas a estes núcleos, “porque colaboran sempre co Concello para que estes cursos se poidan desenvolver con éxito”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal