Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNS CORENTA EXPOSITORES PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NA "XIII MOSTRA DA CAMELIA CIDADE DE NARÓN"
UNS CORENTA EXPOSITORES PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NA
Permanecerán expostas medio milleiro de variedades de flor de camelia que se poderán ver o sábado de 17.30 a 22.00 e o domingo día 12 desde as 10.00 ata as 18.00 horas
Narón, 10 de febreiro de 2017. O Centro Comercial Dolce Vita Odeón acolle esta fin de semana a décimo terceira edición da “Mostra da Camelia Cidade de Narón”, que inclúe a novena edición do “Concurso de Camelia Cidade de Narón”, no que se premiarán as mellores flores, expositores e composicións. O Concello de Narón e a Asociación Galega da Camelia organizan, xunto con outras entidades, esta convocatoria, na que participarán uns corenta expositores chegados de diferentes concellos de Galicia e doutras comunidades autónomas españolas e incluso de localidades portuguesas, o que permitirá ver máis de cincocentas variedades de flor durante a convocatoria.
A inauguración oficial deste evento terá lugar o sábado, ás 17.30 horas. O alcalde, José Manuel Blanco acudirá ao acto, xunto con outros edís da corporación local e tamén estarán presentes varios representantes da Asociación Galega da Camelia: Edmundo Novoa, presidente; Eusebio López, vicepresidente; Manuel Pico, secretario, e Manuel Cruz, tesoureiro. Tralas pertinentes intervencións e a deliberación do xurado –que terá lugar o sábado ao mediodía-, procederase á entrega dos premios do “Concurso de Camelia Cidade de Narón”. Distinguiranse ás mellores camelias japónica, reticulata, especie e híbrido de camelia, flor miniatura e tamén ao mellor cultivador-expositor e á mellor composición artística colectiva. Cada expositor deberá presentar un mínimo de dez lotes e o xurado valorará aspectos como o tamaño, o estado de apertura da flor e a colocación, entre outros. Na xornada do sábado a Mostra permanecerá aberta ata as 22.00 horas.
Por último, o domingo día 12 poderase visitar de novo a Mostra da Camelia, en horario de 10.00 a 18.00. Nesta xornada programouse ademais unha visita ó Xardín de camelias que Xosé María Rivera Arnoso, tamén integrante da Asociación Galega da Camelia, ten nunha finca da súa propiedade localizada na parroquia de Maniños, no termo municipal de Fene. A visita dará comezo ás 10.30 horas e os asistentes terán a oportunidade de ver centos de especies de camelias que ao longo dos anos foi plantando Rivera Arnoso, que comparten espazo nunha gran superficie con outros centos de árbores e arbustos chegados de diferentes países de todo o mundo. A iniciativa partiu da Asociación Galega da Camelia, que promove unha visita en cada edición á plantación dalgún dos socios da entidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal