Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE DEZ COMPARSAS ACTUARÁN ESTE MES NO FESTIVAL DE ENTROIDO DE NARÓN
As sete agrupacións de Narón e as tres de concellos da comarca partirán o 25 de febrero ás 17.15 horas desde o Pavillón da Mocidade, na Gándara, cara á pista polideportiva de Santa Icía, donde se sucederán as actuacións
Narón, 15 de febreiro de 2017. Sete comparsas de Narón e tres doutros concellos da comarca –Valdoviño, Neda e Pontedeume- participarán o vindeiro 25 de febreiro no Festival de Comparsas organizado polo Padroado da Cultura de Narón. Do municipio naronés estarán presentes na convocatoria as formacións “Troupele Troupele”, “O Aturuxo de Melpómene”, “Os Parrandolos”, “Os Colludos”, “Ferreiriños”, “Os Argalleiros” e “Supersementes”. En canto ás tres restantes, estarán na cita “Os Trastos”, de Valdoviño, “A Canteira”, de Neda, e “Xente de aquí e de acolá”, de Pontedeume. En total, máis de trescentas persoas forman parte das dez agrupacións que participarán nesta edición do Festival de Comparsas do Entroido. As comparsas partirán o día 25 deste mes do pavillón da Mocidade, na Gándara, ás 17.15 horas, e tralo percorrido polas rúas Bispo Argaya, Vigo, Concepción Arenal e Avenida da Solaina chegarán á pista polideportiva de Santa Icía, donde terá lugar o festival, a partir das 18.00 horas. As comparsas que participarán, integradas por entre 18 e 45 persoas, terán un tempo limitado de dez minutos para as súas actuacións, que deben abordar temas relacionados co municipio naronés. En canto ás achegas económicas do Padroado pola súa participación, as comparsas de Narón recibirán 600 euros e as de fóra 300. As tres que reciban a mellor valoración do xurado, presidido pola vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, levarán a maiores unha figura representativa do Día do Entroido. Así mesmo, desde o Padroado da Cultura estableceuse nas bases da convocatoria que as comparsas de Narón deberán realizar dúas actuacións a maiores, unha na súa parroquia e unha segunda noutra da localidade, e no caso de ser posible cun percorrido. Os premios tamén se concederán este ano ás persoas que acodan disfrazadas, establecéndose para as categorías individual, de parellas e de grupo, este último cun máximo de seis persoas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal