Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA MOSTRA "CINEMA E SOCIEDADE 2008"
PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA MOSTRA
Promovida pola asociación Conxeito, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón.
Narón, 22 de Maio de 2008.- O Concello de Narón acolleu hoxe a presentación da primeira Mostra “Cinema de Sociedade 2008”, organizada pola asociación cultural ‘Conxeito’ baixo o patrocinio do Padroado de Cultura, e que se celebrará neste municipio do 4 ó 11 de Outubro. Esta Mostra nace coa idea de rendir homenaxe pública ó mundo da imaxe e do cine, pero tamén a todos aqueles que desenvolven o seu traballo neste eido comprometéndose coa sociedade e os valores solidarios.

Para levar a cabo este evento, hoxe firmouse un convenio entre a administración local e a asociación organizadora, en virtude do cal se lle otorgan 48.000 euros para a súa realización. A Mostra terá dous grandes apartados: por un lado a proxección de exhibición de películas e por outro as mesas redondas temáticas, nas que participarán destacados profesionais do ámbito da educación –catro profesores da Universidade de A Coruña, a xustiza –avogados e xuices- e persoeiros destacados do mundo do deporte –Fernando Vázquez, adestrador de fútbol- e do cine –Luis Tosar, actor-.

Segundo o presidente da asociación Mostra “Cinema e Sociedade”, Luis Calvo, este evento está aberto a tódolos rapaces de institutos da comarca e alumnos de Formación Profesional –a partir de 15 anos de idade- pero tamén a asociacións de todo tipo –coma Almat, Cáritas ou Afal- xa que os temas que se tratarán neste ciclo de cine son fundamentalmente sociais. Os responsables da organización decidiron presentar a Mostra con máis de catro meses de antelación para que os estudiantes e os seus profesores –ademáis das asociacións- conten con esta actividade na súa programación académica.

Así, as proxeccións –que terán lugar nos cines Odeón- e debates xirarán en torno a cuestións tan importantes coma a inmigración, o Alzheimer, o Síndrome de Down, a violencia de xénero, e a integración social. “Trátase de abrir un debete de temas sociais, o que significa que se estará a facer en Narón o que non se fai en ningún outro concello de Galicia”, resaltou o Alcalde, quen calificou esta iniciativa coma “un proxecto ilusionante, e que nace coa vontade de continuar no tempo. Imos a ser pioneiros nesta cuestión e agardo que se consolide e en próximas edicións poidamos facer unha mostra máis monográfica”, asegurou Xoán Gato.

A Concelleira de Cultura, Manuela Pérez Sequeiros, asegurou que co apoio do Padroado a esta Mostra "queremos chamar a atención sobre temas importantes que están na sociedade, e que ninguén lles presta atención".

Haberá dos proxeccións diarias de películas –en total se proxectarán 13 títulos- e unha mesa fórum –nas que participan profesores da UDC- por día, ata chegar a cinco. A inauguración da Mostra correrá a cargo do Alcalde de Narón, e nesa mesma xornada se presentará unha exposición fotográfica sobre os antigos cines da comarca, que segundo os organizadores superan o medio centenar.

Para clausurar o evento, o día 11 de Outubro está previsto un concerto da Banda de Música do Padroado de Narón, que interpretará bandas sonoras de cine.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal