Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UN TOTAL DE VINTE E DOUS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA LOCAIS PARTICIPAN NO CONCURSO DE TAPAS DO ENTROIDO
UN TOTAL DE VINTE E DOUS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA LOCAIS PARTICIPAN NO CONCURSO DE TAPAS DO ENTROIDO
A clientela poderá degustar de balde coas súas consumicións diferentes tapas en cada establecemento entre as 13.00 e as 15.30 e de 20.00 a 22.30 horas desde o 23 de febreiro ata o 1 de marzo
Narón, 20 de febreiro de 2017. Máis de vinte establecementos de hostalería de Narón, concretamente vinte e dous das zonas urbana e rural, participarán desde o vindeiro xoves 23 de febreiro ata o mércores 1 de marzo no Concurso de Tapas de Entroido 2017. O certame está organizado polo Concello de Narón, no marco do Club Narón Gastronómico, impulsado desde a Concellería de Promoción Económica, que dirixe o edil Pablo Villamar, para dinamizar o sector hostaleiro do municipio. A esta edición do certame preséntanse un total de trinta e dúas elaboracións gastronómicas nas modalidades de Tapa de Entroido e de Libre Creación, -vinte e doce respectivamente- que as persoas que acudan durante as datas indicadas aos espazos gastronómicos que concursan poderán degustar e valorar coas súas consumicións, de balde, grazas a unhas papeletas que se distribuirán nos propios locais. As tapas do certame serviranse en horario de 13.00 a 15.30 e desde as 20.00 ata as 22.30. Este ano participan na convocatoria os establecementos:
• Cervexaría Australian. Tapa de Entroido: “Lacónica”.
• Cervexaría Índalo. Tapa de Entroido: “Xeado temperado do Entroido”.
• Cervexaría O Druída. Tapa de Entroido: “Horta de Narón”; Tapa libre: “Panko-mido”.
• Bar Vituco. Tapa de Entroido: “Cocido ibérico”. Tapa libre: “Polbo con ameixas e callos”.
• Gastrobar Piñeiros. Tapa de Entroido: “Filloa de grelos e puré de pataca con crocante de lacón”.
• Mesón O Pío. Tapa de Entroido: “Rolo de grelos recheo de cocido montés adobado con ceboleiro de Soutelo”; Tapa libre: “Bandullo do Pío”.
• Restaurante A Trasanquesa. Tapa de Entroido: “Saquiños de Entroido”. Tapa libre: “Ancas de rá con salsa Trasanquesa”.
• Cafetería Soul. Tapa de Entroido: “Lasaña de orella con grelos”. Tapa libre: “Mexillóns en salsa de coco”.
• Parrillada do Couto. Tapa de Entroido: “Lasaña de cocido”.
• Café-bar Gola. Tapa de Entroido: “Torrada”. Tapa Libre: “Tortilla”.
• Folsom-La Quinta. Tapa libre: “Tapa La Quinta”.
• Cervexaría Nueva Orleans. Tapa de Entroido: “Tapa de Entroido”.
• Cervexaría Ponte Castela. Tapa de Entroido: “Bolo sorpresa”.
• Romero I: Tapa de Entroido: “Cocido Romero”.
• Romero II: Tapa de Entroido: “Cocido Romero”.
• Silver 200 Monjes: Tapa de Entroido: “Hojaldre de lacón e grelos”.
• La Barra de Oro: Tapa de Entroido: “Filloa rechea de crema de oruxo” ; Tapa libre: “Delicia salgada”.
• Hostal Restaurante Carballo: Tapa de Entroido: “Porquiño ao abrigo”
• Mesón O Muíño: Tapa de Entroido: “Quiche de lacón con grelos con escuma de queixo San Simón”; Tapa libre: “Crocante de porco esmiuzado, polenta e salsa de tamarindo”.
• Mesón O Conxuro: Tapa de Entroido “Conxuro de Entroido”. Tapa libre: “Tapa o Meigallo”.
• Casa Sindo. Tapa libre: "Steak tartar de solombo de atún”.
• Café Bar Ortegal. Tapa de Entroido: “Pastel de Entroido”; Tapa libre: “Pincho cebicheiro”.
A organización estableceu un total de cinco premios para os locais participantes, un que se concederá por votación popular, a través da puntuación da clientela que deguste as tapas –cuxo voto, entre un 1 e un 5, depositará nunha urna que se instalará no propio establecemento- e catro que concederá un xurado. O sistema do reconto dos votos emitidos polo público farase mediante a suma de todos os puntos obtidos polo establecemento e tapa, admitíndose só un voto por cada tapa, é dicir, un único voto por cliente e tapa. No caso de que o establecemento hostaleiro ofreza máis dunha modalidade, poderase votar só unha vez por cada unha delas.
En canto ao importe dos premios, o de votación popular será de 250 euros e un diploma acreditativo e os que concederá o xurado son de 400 euros para as dúas mellores tapas de Entroido e de Libre creación e outros dous de 250 euros para as segundas mellores en cada unha das citadas modalidades. Así mesmo, entregaráselles un diploma acreditativo.
O xurado, designado pola organización, estará integrado por un membro do Concello, un crítico gastronómico e un cociñeiro, os cales farán a degustación das tapas participantes durante as datas que dure o concurso, valorando de 1 a 5 puntos a presentación, sabor, elaboración e adecuación da creación gastronómica ás bases do concurso.
O público que emita os seus votos nos establecementos adheridos tamén participará no sorteo de cinco ceas para dúas persoas. Será a organización a que se porá en contacto coas persoas que resulten premiadas unha vez realizado o pertinente sorteo.
Así mesmo, o nome dos establecementos premiados darase a coñecer a través da web do Concello –www.naron.es- e a do Club Narón Gastronómico -http://clubnarongastronomico.naron.gal/-, así como o nome dos gañadores das ceas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal