Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL APROBOU NO PLENO O POS+ 2017 DA DEPUTACIÓN QUE PERMITIRÁ INVESTIR NO CONCELLO 1,8 MILLÓNS DE EUROS
O alcalde, José Manuel Blanco, destacou o feito de que o goberno local está cumprindo o seu programa electoral e continuará apostando por renovar, mellorar e impulsar novos investimentos no municipio
Narón, 21 de febreiro de 2017. A corporación local de Narón celebrou esta mañá, ás 12.00 horas, un pleno extraordinario cun único punto na orde do día: a proposta para participar no Plan Único de Concellos (POS+ 2017) da Deputación da Coruña. A achega procedente da administración provincial para Narón ascende a 1.801.825,83 euros e na sesión de hoxe aprobáronse os investimentos previstos cos votos favorables do tripartito naronés –TEGA, PSOE e BNG-, mentres que os edís do PP e o de ENE votaron en contra e o concelleiro de EU abstívose. O alcalde incidiu en que o goberno local “cumpre o que di no seu programa electoral, porque Narón precisa obras de renovación, melloras e novos investimentos e iso é precisamente o que estamos facendo desde o goberno local”. O POS+ 2017 contempla unha partida de 791.342,43 euros que se destinará a gasto corrente e outra de 101.426,18 á reducción de débeda con entidades financieiras. Sobre esta última cuestión, Blanco Suárez destacou que “nos parece correcto realizar esta amortización porque liberamos cartos do orzamento ordinario do Concello para destinalos a novos investimentos na cidade”. No que se refire aos propios investimentos a realizar, tanto na zona urbana como rural, destacan parques infantís na zona do río Freixeiro -18.332,81 euros-, e no tanque de tormentas da Gándara, así como elementos biosaudables en Piñeiros –por 22.387,38-; parques caninos en Freixeiro e na Solaina e unha caseta con aseos no parque de Freixeiro –cunha partida conxunta de 29.706,93 euros-; a instalación de rego en zonas verdes do paseo de Xuvia -30.006,19 euros- e a habilitación dun anexo para almacén no Centro de Formación Irmáns Froilaz -142.019,70 euros-. Con cargo ás achegas provinciais reservaranse tamén importantes partidas para a mellora de varios viais tanto da zona urbana como da rural da localidade. Á pavimentación dos camiños da Verruga, o Camiño da Lebre e outros nas parroquias de Doso, San Xiao e O Feal destinaranse 138.657,87 euros, se ben á pavimentación dos de Agrande, Viñas-Igrexa e outros en zonas de Castro e San Mateo irá un montante de 105.869,07 euros. Así mesmo, pavimentaranse os viais de Martiño, Portela e outros en Doso e Pedroso con cargo a un investimento de 132.339,35 euros e tamén os da Pedreira, Picota e outros nas parroquias do Val e O Couto por 130.103,29 euros. “O 90% das obras que corresponden ao POS da zona rural están pactadas cos veciños e as veciñas, a cuxas asociacións veciñais se lles entregou en xuño do ano pasado a información pertinente”, recalcou Blanco. A módulos complementarios da aplicación informática de automatización do procedemento administrativo común e sede electrónica resérvanse 19.118 euros e á renovación do equipamento informático da aula de informática do Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz outros 39.012,92 euros. Por último, proxectouse a montaxe dun parque infantil en Piñeiros, valorado en 50.999,31 euros e reparacións nos locais Sociais de San Mateo e Doso, así como unha senda en Pedroso por un importe de 50.504,40 euros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal