Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CONCENTRACIÓN ANTE O CONCELLO TRAS UN NOVO CASO DE VIOLENCIA DE XÉNERO EN REDONDELA
CONCENTRACIÓN ANTE O CONCELLO TRAS UN NOVO CASO DE VIOLENCIA DE XÉNERO EN REDONDELA
Representantes da corporación local naronesa e persoal funcionario e laboral concentráronse ás portas do Concello en repulsa do asasinato dunha muller a consecuencia dunha explosión de bombonas de butano causada pola súa exparella, según as pesquisas policiais
Narón, 22 de febreiro de 2017. Integrantes da corporación local de Narón e persoal funcionario e laboral concentráronse esta mañá, ás 13.00 horas, ás portas do Concello, con motivo do caso de violencia de xénero rexistrado o pasado luns no municipio de Redondela, en Pontevedra. María José Mateo García morreu a consecuencia dunha explosión de bombonas de butano ocasionada, segundo apuntaron as pesquisas policiais, pola que foi a súa exparella, tamén falecida, Emilio Fernández Castro, na vivenda familiar que ambos compartiran na parroquia de Chapela.
Desde o Concello de Narón condenouse unha vez máis esta lacra social da violencia de xénero, gardando un minuto de silencio en sinal de repulsa a este tipo de feitos e tamén como mostra de dó cos familiares e amigos da muller vítima deste novo crime de violencia de xénero. Os representantes do goberno local portaban unha pancarta de cor malva co lema: “Narón contra a violencia de xénero”.
Antes de dar por rematada a concentración convocada hoxe os asistentes fixeron ruído cunhas botellas de plástico para protestar contra esta lacra social e urxir tódalas medidas precisas para a súa erradicación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal