Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CONMEMORARÁ CON VARIOS ACTOS O DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
O CONCELLO CONMEMORARÁ CON VARIOS ACTOS O DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
As diferentes actividades programadas desde o goberno local sucederanse en varias instalacións e darán comezo o propio 8 de marzo coa homenaxe á Muller do Ano 2017 de Narón no Concello
Narón, 22 de febreiro de 2017. As concelleiras de Igualdade e Bibliotecas, Teresa Sabio e Mercedes Taibo, respectivamente, presentaron esta mañá en rolda de prensa xunto con Rocío Rodríguez, representante da Asociación de Comerciantes de Narón, os actos programados polo Concello con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres. A programación prevista polo goberno local, e que tamén inclúe á área de Cultura, iniciarase o propio día 8 do vindeiro mes, coa tradicional homenaxe á Muller do Ano 2017 –cuxo nome non se anunciará con anterioridade, ao tratarse dunha sorpresa para a elixida- que dará comezo ás 12.00 horas no Consistorio. Ese mesmo día, coa chegada da noite, iluminarase de cor malva o exterior do Pazo da Cultura, tal e como avanzou a responsable da concellería de Cultura, Marián Ferreiro.
Na xornada do 9 de marzo terá lugar na Biblioteca municipal, apuntou Taibo, a presentación do libro “Machismos: de micro nada”, a partir das 19.00 horas. Trátase dunha publicación xa editada por Embora, apuntou a edil, e escrita por Fiadeiras, un colectivo de mulleres “bravas”, dixo, pertencentes ao Grupo de Traballo en Igualdade do Ceesg (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia). A concelleira de Bibliotecas destacou a importancia de dar relevancia á conmemoración desta data, subliñando que “todas as actividades que impulsemos desde as administracións a prol da igualdade son moi relevantes”. A edil apuntou que ao acto está convidada a cidadanía en xeral, pero tamén os centros de ensino, aos que se lles enviará un libro para que poidan traballar con esta temática co seu alumnado.
A tradicional Cea das Mulleres terá lugar este ano o día 10 de marzo, no Restaurante A Roldana (polígono Río do Pozo), a partir das 21.30 horas. A concelleira de Igualdade explicou que os tickets para poder asistir –que teñen un prezo de 18 euros- poden adquirirse xa no propio establecemento hostaleiro. O menú será a base de pizza, empanada, polbo, lacón asado, tarta, café e chupito e tamén haberá unha actuación musical. Nesta Cea das Mulleres tamén se homenaxeará novamente á Muller do Ano de Narón, que estará acompañada nesta ocasión de todas aquelas mulleres que queiran sumarse ao recoñecemento a través da asistencia a este evento.
Por último, o 16 de marzo desenvolverase no Centro Cívico Social da Gándara un obradoiro informativo, a cargo do Servizo de atención psicolóxica para vítimas de violencia de xénero. Dará comezo ás 18.00 horas e estará aberto á participación da cidadanía en xeral, tal e como recordou Sabio. “No Concello hai unha nova psicóloga e un punto de atención psicolóxica para que as vítimas que padecen esta lacra poidan recibir a atención que precisen e que se poida proporcionar desde a administración local”.
A maiores dos actos indicados, haberá unha colaboración -a modo de sensibilización- coa Asociación de Comerciantes de Narón, que agradeceron desde o Concello e tamén valorou a representante da entidade presente hoxe na rolda de prensa. O día 8 de marzo os establecementos comerciais da citada entidade repartirán aos clientes coas súas compras unhas bolsas de papel nas que se poderá ler o lema: “Mulleres e homes por igual”. En total, repartiranse seiscentas bolsas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal