Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A POLICÍA LOCAL RESTRINXIRÁ A CIRCULACIÓN E O ESTACIONAMENTO EN VARIAS RÚAS CON MOTIVO DOS ACTOS DO ENTROIDO
A POLICÍA LOCAL RESTRINXIRÁ A CIRCULACIÓN E O ESTACIONAMENTO EN VARIAS RÚAS CON MOTIVO DOS ACTOS DO ENTROIDO
As limitacións establecidas estarán en vigor o vindeiro 25 de febreiro pola tarde, tanto nas rúas polas que pasará o desfile, que partirá do pavillón da Mocidade, como na zona da Solaina, onde se celebrará o Festival de comparsas
Narón, 22 de febreiro de 2017. A celebración do desfile e o Festival de Comparsas programado polo Padroado da Cultura de Narón con motivo do Entroido o vindeiro sábado, día 25, implicará unha serie de restricións no tráfico rodado. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, ao indicar que durante parte da tarde, a partir das 17.00 horas e ata o remate do evento, está prohibida a circulación rodada e o estacionamento no carril de subida da Avenida da Solaina, na rúa Francisco Pizarro e na Alexandre Bóveda. O Festival de Comparsas desenvolverase na pista polideportiva da Solaina, en Santa Icía, o que motiva estas modificacións na circulación rodada.
Así mesmo, indicou o edil naronés, non se poderá estacionar durante o mesmo período na Rúa Cristóbal Colón. Neste caso, explicou Sánchez Fojo, instalaranse unhas vallas para delimitar unha zona para o paso de peóns e tamén se habilitará un tramo para o tránsito de vehículos, co fin de causar as menores molestias posibles tanto aos residentes da zona como ás persoas que ese día circulen polo tramo indicado.
No que respecta ao propio desfile –anterior ao festival de Comparsas-, que partirá do Pavillón da Mocidade, na Gándara, ás 17.15 horas, procederase a cortar a circulación en ambos sentidos nas rúas Bispo Argaya, A Gándara, Concepción Arenal e Avenida de Santa Icía (nos tramos afectados). Na rúa Vigo e Avenida da Solaina, ao ser dun único sentido, cortarase o paso aos vehículos mentres dure o desfile das comparsas en dirección á Solaina.
Sánchez Fojo solicitou a colaboración veciñal para que o evento se desenvolva con normalidade e pediu desculpas á veciñanza polas molestias que a medida -sobre a que se informou pertinentemente a través de diversos medios durante os últimos días nas zonas afectadas- poida ocasionar durante as horas nas que teña lugar o citado evento.


Descarga de archivos
Cortes de tráficoTamaño: 976,92 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal