Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
VINTE E DOUS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA LOCAIS PARTICIPAN NO CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO ATA O 1 DE MARZO
VINTE E DOUS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA LOCAIS PARTICIPAN NO CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO ATA O 1 DE MARZO
Os establecementos sirven de balde coas consumicións diferentes elaboracións entre a súa clientela ao mediodía e tamén pola noite
Narón, 23 de febreiro de 2017. Este mediodía deu comezo a quinta edición do Concurso de Tapas de Entroido organizado polo Concello de Narón. Vinte e dous establecementos da localidade –das zonas urbana e rural- servirán entre a clientela coas súas consumicións tapas de balde das modalidades de Entroido ou de Libre Creación. O certame estará en vigor ata o 1 de marzo e as tapas serviranse en horario de 13.00 a 15.30 e desde as 20.00 ata as 22.30, tal e como recordou o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar. A iniciativa enmárcase no Club Narón Gastronómico e os clientes poderán degustar un total de trinta e dúas elaboracións distintas e participar no sorteo de cinco ceas para dúas persoas, cumplimentando unhas rifas nas que deberán puntuar (do 1 ao 5) as elaboracións feitas nos locais e depositar as valoracións nunha urna que atoparán no propio establecemento.
Nesta ocasión participan no certame as cervexarías Australian, Índalo, O Druída, Nueva Orleans e Ponte Castela, o Bar Vituco, o Gastrobar Piñeiros, o Mesón O Pío, o Restaurante A Trasanquesa, a Cafetería Soul, a Parrillada do Couto, o Café-bar Gola, o Folsom-La Quinta, o Romero I e Romero II, o Silver 200 Monjes, La Barra de Oro, o Hostal Restaurante Carballo, o Mesón O Muíño, o Mesón O Conxuro, Casa Sindo e o Café Bar Ortegal. A ubicación de todos eles, así como as tapas que ofrecen, poden consultarse a través da páxina web do Concello –www.naron.es-.
Os locais participantes optarán a cinco premios en metálico. Un que se concederá por votación popular –puntuando as tapas os clientes- de 250 euros e un diploma, e outros catro por valoración dun xurado. Estes últimos serán de 400 euros para as dúas mellores tapas nas modalidades de Entroido e Libre Creación e de 250 para as segundas mellor clasificadas en cada unha delas, a maiores dun diploma acreditativo da participación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal