Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PROMOCIONA A 1ª FESTA GASTRONÓMICA DO PORCO Ó ESPETO
O CONCELLO PROMOCIONA A 1ª FESTA GASTRONÓMICA DO PORCO Ó ESPETO
Organizada pola Comisión de Festas de Castro, terá lugar o día 7 de Xuño.
Narón, 23 de Maio de 2008.- O Concello de Narón ven de presentar públicamente a primeira Festa Gastronómica do Porco ó Espeto, que terá lugar no campo da festa de Castro, na tarde-noite do sábado 7 de xuño. O evento, dirixido a tódalas idades, está organizado pola Comisión de Festas de Castro e contará coa participación do Cociñeiro de Honra do Concello de Narón, Angel Santiago Estévez.

A organización habilitará 500 cadeiras e mesas suficientes para ese número de comensais, que poderán degustar un menú a base de empanada, porco ó espeto, cachelos, postre, viño, auga e café. O prezo do cuberto é de 15 euros para adultos e 5 euros para nenos. A Comisión de Festas prega reservar as entradas con antelación, para poder ter unha previsión do número de porcos ó espeto que se cocinarán.Os interesados poden apuntarse no número de teléfono 629 441 311, ata o vindeiro 3 de Xuño.

Esta festa gastronómica nace coa vontade de continuar no tempo, tal e como aseguraron os representantes da Comisión de Festas de Castro. “Paréceme unha iniciativa estupenda, e conta con tódolos ingredientes para ser un éxito”, declarou a Concelleira de Cultura e Vicepresidenta do Padroado de Cultura –quen colabora xunto coa Concellería de Turismo e Ocio no evento-.

O programa de actividades previsto para celebrar a festa gastronómica comenzará ás 19 horas con xogos populares para nenos e maiores. Dous horas despois, entorno ás nove da noite está prevista a cea na que se servirá o menú citado anteriormente. Entrando a noite, seguirá a celebración coa actuación musical dos grupos Chilava e Maracuyá.

O cociñeiro Angel Santiago será o encargado de elaborar o porco ó espeto, que segundo declarou hoxe “necesita entre sete e oito horas de preparación a fuego lento”. Para degustar este prato no seu punto, precisa tamén dun bo adobo e o exemplar “non debe sobrepasar os 15 kilos de peso”, engadiu.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal