Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPARSA NARONESA "TROUPELE, TROUPELE" GAÑA O PRIMEIRO PREMIO DO FESTIVAL ORGANIZADO POLO PADROADO DA CULTURA
 A COMPARSA NARONESA
O Festival de comparsas celebrouse este ano baixo unha carpa na pista polideportiva de Santa Icía e o segundo e o terceiro premio foron para as agrupacións "A Canteira", de Neda, "O Aturuxo de Melpómene", de Narón, respectivamente. Tamén houbo premios infantís e de adultos para as categorías individual, de parellas e de grupo
Narón, 25 de febreiro de 2017. O municipio naronés acolleu esta tarde os actos organizados desde o Padroado da Cultura con motivo do Entroido. Un total de dez comparsas percorreron varios tramos das rúas da zona urbana da localidade tras concentrarse a partir das 17.00 horas no Pavillón da Mocidade, na Gándara, desde donde se dirixiron á pista polideportiva de Santa Icía, na Solaina, donde deu comezo o Festival de Comparsas sobre as 18.30 horas. O xurado, presidido pola vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e integrado por vez primeira por representantes de todas as comparsas participantes, concedeu o primeiro premio á formación "Troupele, Troupele", de Narón. O segundo premio recaeu en "A Canteira", de Neda, e o terceiro na comparsa "O Atutuxo de Melpómene", tamén de Narón.
Participaron tamén na convocatoria as formacións naronesas “Os Parrandolos”, “Os Colludos”, “Ferreiriños”, “Os Argalleiros” e “Supersementes” así como a valdoviñesa “Os Trastos”; e a eumesa “Xente de aquí e de acolá”. Máis de trescentas persoas formaron parte destas dez comparsas que amenizaron coas súas inxeniosas letras e postas en escena este ano o Entroido na cidade.
O Padroado da Cultura de Narón entregou 600 euros a cada comparsa de Narón pola súa participación no Festival e co compromiso de realizar outro día dúas actuacións a maiores. As tres comparsas procedentes dos outros concellos recibirán cada unha 300 euros.
Este ano houbo tamén premios para as persoas que acudiron disfrazadas, nas categorías infantís e de adultos nas modalidades individual, de parellas e de grupo (con seis persoas como máximo), que levaron un lote de libros e entradas para ver espectáculos infantís no Pazo da Cultura e, os adultos, cestas con productos do Entroido.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal