Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
NOVOS CORTES E DESVÍOS DE TRÁFICO DERIVADOS DAS OBRAS DO SANEAMENTO
NOVOS CORTES E DESVÍOS DE TRÁFICO DERIVADOS DAS OBRAS DO SANEAMENTO
A partir do vindeiro 1 de marzo aplicaranse restricións na rúa Concepción Arenal e no tramo localizado ata a glorieta do restaurante Casa Juanito
Narón, 27 de febreiro de 2017. Axentes da Policía Local de Narón e Ferrol mantiveron unha reunión nunha zona na que se desenvolven obras de saneamento, na Gándara, con persoal da empresa adxudicataria das mesmas, e acordaron aplicar unha serie de cortes e desvíos de tráfico na rúa Concepción Arenal, ata a rotonda situada nas inmediacións do restaurante Casa Juanito. A medida aplicarase a partir do vindeiro mércores, día 1 de marzo, desde as 14.30 horas, tal e como indicaron desde a Policía Local, e permanecerá operativa ata que rematen os traballos proxectados na zona.
Desde a Concellería de Seguridade Cidadá de Narón, presidida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, solicitan á cidadanía desculpas polas posibles molestias que a medida ocasione durante a tempada que permaneza en vigor, se ben recalcan a súa necesidade para continuar avanzando nas tan necesarias obras de saneamento integral da ría.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal