Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPAÑÍA TALÍA TEATRO ESTREA ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO A OBRA "UBÚ REI"
A COMPAÑÍA TALÍA TEATRO ESTREA ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO A OBRA
A posta en escena terá lugar o 3 de marzo ás 20.30 horas e o sábado 4 ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da páxina: www.padroadodecultura.es
Narón, 28 de febreiro de 2017. O Pazo da Cultura de Narón acollerá este venres, día 3 de marzo, a estrea do último espectáculo da compañía Talía Teatro, a montaxe Ubú Rei. O espectáculo dará comezo ás 20.30 horas e representarase de novo na xornada do sábado, a partir das 20.00 horas. A nova proposta de Talía Teatro vén referendada por un dos grandes nomes da escena galega, Roberto Salgueiro, quen dirixe e adapta o texto de Alfred Jarry nunha versión libre que pretende conservar a distorsión sintáctica do orixinal e o seu carácter inxenuo e profundamente teatral. As entradas para ver este espectáculo están xa á venda na billeteira do Pazo da Cultura, ou tamén a través da web: www.padroadodecultura.es, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados.
Toño Casais, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo, Marta Lado, Dani Trillo e Rubén Prieto protagonizan esta adaptación dunha das obras máis representativas da historia do teatro contemporáneo. Nesta ocasión a acción sitúase no porto de Belfast, onde Ubú O’ŽReilly terá como aliado a un Bordure transfigurado en Liam OŽ’Connor para destronar ao rei do porto: Dugan OŽ’Sullivan. Maragotas, tabaco de contrabando, as costumes ancestrais de Osetia e un cadro variopinto de situacións paradóxicas conforman unha historia cómica que transita veloz sobre o seu propio escenario, constituíndo ao mesmo tempo unha visión crítica do noso presente a pesar da súa inxenuidade. Unha sátira para todos os públicos que reflexiona sobre a violencia, o abuso de poder, a corrupción e a ambición sen límites.
Roberto Salgueiro encárgase do deseño do espazo escénico, o vestiario e a iluminación da obra; Dani Trillo asina a realización da escenografía e o atrezzo, e Artur Trillo e Auri Ferreiro ocúpanse da distribución e produción desta proposta, na que participan, así mesmo, Martina Cambeiro (deseño de maquillaxe), Bety Sieira (vestiario) e Rubén Prieto (fotografía e vídeo).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal