Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO INAUGURARÁ NOVOS ESPAZOS PARA A SECCIÓN INFANTIL E A BEBETECA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O CONCELLO INAUGURARÁ NOVOS ESPAZOS PARA A SECCIÓN INFANTIL E A BEBETECA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O vindeiro 4 de marzo ás 12.00 horas darase a coñecer o espazo aos usuarios, localizado na planta baixa da Biblioteca e que poderá utilizarse a partir do luns 6 de marzo
Narón, 2 de marzo de 2017. A sección infantil e a bebeteca da Biblioteca municipal de Narón contarán a partir deste sábado cun espazo máis amplo nas citadas instalacións. Así o anunciou a concelleira da área, Mercedes Taibo, que indicou que o vindeiro sábado, día 4 de marzo, se procederá a abrir o novo espazo, habilitado na planta baixa da Biblioteca. A alcaldesa accidental, Marián Ferreiro, presidirá o acto inaugural, ao que tamén acudirá a edil da área. O evento dará comezo ás 12.00 horas e están convidadas todas as familias que desexen coñecer este novo espazo. Trala inauguración haberá unha xornada de portas abertas, dunha hora de duración, para coñecer a nova sala e durante a que tamén se poderá escoitar música, a cargo de integrantes da Agrupación Cultural Musical Sementeira, de Narón. A sección infantil comezará a prestar servizo o luns 6 de marzo no horario de apertura de inverno: de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 horas e os sábados desde as 10.00 ata as 13.00 horas.
Nos últimos días estase procedendo á instalación do mobiliario e ao traslado do material –libros e audiovisual- destinado ao citado colectivo, tal e como indicou a edil naronesa. “Os nenos e nenas usuarios tanto da sección da bebeteca como da infantil contarán a partir de agora dun espazo propio donde poder gozar con tódolos materiais cos que conta a Biblioteca adaptados ás súas idades”, explicou Taibo. A edil valorou a materialización desta proposta “sobre a que levamos un tempo traballando e da que finalmente veremos os seus froitos en cuestión de días, confiando en que o resultado sexa do agrado das familias e tamén dos menores que habitualmente veñen á Biblioteca”.
O acceso á nova sala é independente, pola parte traseira do edificio e está separada arquitectónicamente do resto, co que a atención aos nenos e nenas será máis acorde coas súas idades e, ao tempo, non interferirá no correcto desenvolvemento dos servizos prestados desde a Biblioteca ao público adulto, indicaron desde a área.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal