Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ O VINDEIRO 5 DE MARZO O ESPECTÁCULO DE ÓPERA "TOSCA"
O PAZO ACOLLERÁ O VINDEIRO 5 DE MARZO O ESPECTÁCULO DE ÓPERA
O melodrama representouse por vez primeira no ano 1900 no teatro Constanzi de Roma e constitúe "todo un referente a nivel vocal e escénico", tal e como destacou a vicepresidenta do Padroado da Cultura de Narón, Marián Ferreiro
Narón, 2 de marzo de 2017. A axencia L.G. Artist Management & Concerlírica Internacional traerán a Narón a ópera "Tosca", da man da Ópera Nacional de Moldavia e solistas internacionais. Así o indicou a vicepresidenta do Padroado da Cultura de Narón, Marián Ferreiro, que destacou que se trata dun espectáculo considerado “todo un referente tanto a nivel vocal como escénico”. O citado melodrama poderá verse no Pazo o vindeiro domingo, día 5, a partir das 19.00 horas e as entradas están xa á venda na billeteira do Pazo ou a través da web: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 28 euros para o público en xeral e de 19,60 para abonados, menores de 14 anos e persoas desempregadas.
Con música do compositor italiano Giacomo Puccini e libreto de Luigi Illica e Giuseppe Giacosa, esta ópera, unha das máis afamadas da Historia –representada por primeira vez no teatro Constanzi de Roma no ano 1900- está inspirada no drama homónimo de Victorien Sardou. É unha das tres óperas máis afamadas de Puccini, xunto con "Madama Butterfly" e "La Bohéme", e unha das cinco máis representadas a nivel mundial.
A acción, dividida en tres actos, transcorre na Roma do 1800, cando as tropas francesas venceron ás austríacas na batalla de Marengo (que tivo lugar ao noroeste de Italia) e a cidade loita por uns ideais liberais. Ao longo de dúas horas e media –con dous descansos de quince minutos- sucederase unha trama na que non faltarán o amor, a intriga, a violencia, a paixón e a morte.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal