Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ UNHA SESIÓN INFORMATIVA SOBRE A "COUZA GUATEMALTECA DA PATACA"
O xefe da Oficina Agraria de Ferrol, Antonio Álvarez, será o encargado de impartir a charla, aberta ao público en xeral, a partir das 18.00 horas
Narón, 4 de marzo de 2017. O xefe da Oficina Agraria de Ferrol, Antonio Álvarez, participará o vindeiro xoves, 9 de marzo, nunha sesión informativa sobre a couza guatemalteca da pataca, organizada pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Narón. A cita, aberta á asistencia da cidadanía en xeral, dará comezo ás 18.00 horas no Auditorio municipal (Praza de Galicia s/n). Álvarez informará aos asistentes sobre as normativas aprobadas a nivel tanto estatal como autonómico para tratar de erradicar a couza guatemalteca da pataca, que afecta na comarca a varios concellos, entre eles o de Narón, onde xunto cos municipios veciños de Ferrol e Neda xa se recoñeceron indicios desta praga no ano 2015. O Consello de Ministros aprobou o 3 de marzo o Real Decreto no que se recolle o programa de control e erradicación da couza guatemalteca, para impedir deste xeito que se incrementen as zonas xa infestadas por esta praga en concellos das provincias da Coruña, Lugo e da comunidade de Asturias. O documento, publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) de hoxe sábado (entrará en vigor mañá), contempla sancións de entre 300 e 3.000 euros tanto para a produción como para a comercialización de patacas nos trinta e un concellos afectados de Galicia e nos sete rexistrados en Asturias. A prohibición do cultivo establécese por un período inicial de dous anos e tamén se obriga ás persoas que xa plantaron patacas a retiralas do terreo, para evitar as anunciadas sancións. A información completa do Real Decreto do Goberno central pódese consultar a través da dirección: https://www.boe.es/boe/dias/2017/03/04/pdfs/BOE-A-2017-2312.pdf. Pola súa parte, a Xunta de Galicia publicou unha resolución a mediados do pasado mes de febreiro no Diario Oficial de Galicia (DOG) na que se anunciaba unha ampliación das medidas urxentes para erradicar e controlar esta praga. Entre as mesmas, obrigábase aos operadores de pataca a notificar á Dirección Xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Alimentarias a presenza desta praga nas súas instalacións; instábase aos comerciantes ou puntos de venta de semente de pataca a recabar información do comprador, así como da cantidade adquirida; aos produtores a comunicar á Xunta a superficie plantada e recomendábase non plantar –mentres non se aprobase a normativa estatal- nas zonas demarcadas.
Descarga de archivos
Cartel Couza guatemalteca
Tamaño:98,20 KB
Publicación Boletín Oficial do Estado
Tamaño:306,29 KB

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es