Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "LECTURA" PERMANECERÁ NO BAIXO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL ATA O 31 DE MARZO
As imaxes foron realizadas por alumnado dun obradoiro impartido polo fotógrafo Gabriel Tizón a diversos profesionais da Xerencia Integrada de Ferrol
Narón, 6 de marzo de 2017. Un total de vinte e catro alumnas e alumnos dun obradoiro de Fotografía da Xerencia Integrada de Ferrol impartido polo fotógrafo Gabriel Tizón expoñen este mes os seus traballos, sobre a temática "Lectura", na sala de exposicións da Biblioteca municipal, na planta baixa. A mostra aglutina unha gran variedade de traballos do alumnado que acudía os martes ás clases que impartía Tizón, enmarcadas nas actividades de Cultura e Deporte que se desenvolven a través da Asociación Deportiva e Cultural dos profesionais da Área sanitaria ferrolá, tal e como indicaron desde a entidade. A exposición inaugurouse o pasado sábado -día 4- pola mañá, xornada na que a visitaron, entre outros, as edís de Cultura e Bibliotecas, Marián Ferreiro e Mercedes Taibo, respectivamente e outros representantes da corporación local naronesa. A iniciativa comezou a desenvolverse o pasado mes de maio, con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, e xa se puido ver noutras ubicacións. As diversas imaxes representan diferentes estilos, e están feitas tanto en cor como en branco e negro por persoal do ámbito dos centros hospitalarios e dos centros de saúde (diferentes profesionais e servizos, tanto da administración e xestión como da clínica e de asistencia), tal e como explicaron desde a Xerencia Integrada de Ferrol. A exposición "Lectura" poderá visitarse ata o vindeiro 31 de marzo, de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 e os sábados desde as 10.00 ata as 13.00.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es