Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFRECERÁ Á VECIÑANZA ASESORAMENTO SOBRE O PROCESO DE REGULARIZACIÓN CATASTRAL IMPULSADO DESDE O MINISTERIO DE FACENDA
Catro técnicos atenderán a partir do 9 de marzo ás persoas interesadas en recibir información sobre o proceso na planta de acceso do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30
Narón, 7 de marzo de 2017. O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas está procedendo a iniciar no termo municipal naronés os trámites relativos á regularización catastral, obrigatorios por lei. Veciñanza da localidade recibiu nos últimos días cartas procedentes do citado Ministerio co fin de dar cumprimento á citada regularización. Por este motivo, tal e como indicou o edil de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, o Concello de Narón ofrecerá aos veciños e veciñas con propiedades no municipio asesoramento pertinente ao respecto. “Trátase dun servizo que complementará ao que xa se viña facendo no Concello coa oficina do Catastro localizada na planta de acceso e que atendía unha persoa, pero que a partir do vindeiro xoves, día 9, contará coa colaboración de tres técnicos máis para poder ofrecer á veciñanza a información pertinente relativa á regularización catastral e ás cartas que están recibindo nos seus domicilios”. O edil subliñou que “a pesares de que non se trata dun asunto de competencia da administración local”, desde o goberno local, incidiu, “trataremos de colaborar cos naroneses e naronesas e evitarlles que teñan que desprazarse ás oficinas do Catastro na Coruña para informarse sobre os trámites e as xestións que deben realizar unha vez recibidas as comunicacións enviadas desde o Ministerio de Facenda”. As persoas interesadas en recibir asesoramento por parte da oficina localizada no Concello naronés poderán facelo de luns a venres, en horario de 8.30 a 13.30 horas, tal e como apuntou o edil naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal