Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE IMPARTIRÁ UN CURSO DE FORMACIÓN NO SECTOR DA MODA
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE IMPARTIRÁ UN CURSO DE FORMACIÓN NO SECTOR DA MODA
Divídese en seis módulos sobre orientación laboral, igualdade, nutrición, comunicación, sector profesional, e cuidados personales.
Narón, 23 de Maio de 2008.- A Concelleira de Mocidade e Participación Cidadá de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe o Módulo de Formación no Sector da Moda. Esta actividade, pioneira no Concello de Narón, forma parte do I Encontro Local da Mocidade, que se celebrará o día 7 de Xuño na Praza de Galicia.

Nembargantes e ante a imposibilidade de impartir estos cursos de formación nunha praza ó aire libre, o Concello desenvolverá a actividade no Centro Municipal de Formación “Irmás Froilaz”, os días 30 e 31 de Maio, en horario de mañá (9:30 a 13:00) e tarde (16:00 a 20:00 horas). Esta actividade será desenvolvida pola axencia de moda Pernas&Correa e diríxese a mozos/as de entre 18 e 25 anos de idade. Os interesados poderán inscribirse no Rexistro Municipal, ata compretar as 25 prazas existentes.

Tal e como explicou a Edil de Mocidade, con esta iniciativa “tratamos de darlle unha formación xeral ós rapaces no sector da moda, combinando as súas dúbidas e inquedanzas con outros temas que consideramos de interese coma a igualdade de xénero, a orientación laboral no sector da moda, ou outras actividades complementarias coma a fotografía, o marketing e as relacións públicas”.

Para levar a cabo este curso de formación no sector da moda, o Concello aportará a colaboración de dous técnicos municipais (o de Orientación Laboral, e a de Igualdade de Xénero).

Francisco Pernas, xerente da empresa Pernas&Correa, detallou o resto dos profesionais que se encargarán de impartir estos módulos. Son Leonardo Chauca (director de Marketing da empresa Selmark, que falará do proceso que siguen as empresas dende que confeccionan ata que sacan á venda unha prenda), Paco Abraldes (quen falará de comunicación xestual), Rocío Rodríguez (de coidados persoais), e Manuel López Rodríguez (mestre do IES Ricardo Carballo Calero, que dará clases prácticas de caracterización ).

En resume, os participantes nestos cursos obterán un compendio de nocións sobre moda, producción, estilismo, marketing, nutrición, e dirección de empresas, todo elo dun xeito ameno, segundo Francisco Pernas.


Distribución horaria do módulo de formación para xóvenes no sector da moda:

-Día 30: de 10:00 a 11:30 horas- Módulo de Orientación laboral, impartido por Gustavo Perea.

-Día 30, de 11:30 a 13:00- Módulo de Igualdade, impartido por Anxela Lagoa.

-Día 30, de 16:00 a 17:30 horas- Módulo de Nutrición e Saúde, impartido pola Asociación de Bulimia e Anorexia.

-Día 30, de 18:00 a 20:00 horas- Módulo de Comunicación e imaxe, impartido por Francisco Abraldes.

-Día 31, de 10:00 a 14:00 horas- Módulo de Achegamento ó sector profesional: Modelos, desfiles, e deseño. Impartido por Leonardo Gabriel Chauca.

-Día 31, de 16:00 a 18:00 horas- Módulo de Cuidados persoales
e estética sana, impartido por Rocío Rodríguez e Pía.







Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal