Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ UN "FESTIVAL SOLIDARIO PARA A SEMENTE"
A cita, coorganizada polo Concello de Narón e a Escola de Ensino Galego Semente de Trasancos, terá lugar o domingo 12 de marzo a partir das 17.30 horas
Narón, 10 de marzo de 2017. O Concello de Narón e a Escola de Ensino Galego Semente de Trasancos organizan o “Festival Solidario para a Semente” que terá lugar este domingo, día 12, no Auditorio municipal de Narón (Praza de Galicia s/n). A cita, que dará comezo ás 17.30 horas, programouse coa temática. das Irmandades da Fala en Galicia e consistirá nunha gran variedade de actividades ás que irán dando paso tres recoñecidos personaxes: o cantautor fenés Roger de Flor; o grupo tradicional infantil Quenindiole e a narradora oral Vero Rilo. O prezo das entradas é de 8 euros, se ben os menores de oito anos poderán asistir de balde. No transcurso desta convocatoria estrearase unha curta realizada polo colectivo Semente e sortearase unha pandeireta artesá entre os asistentes. A cita, que se convoca por segundo ano consecutivo, aposta unha vez máis cunha variada programación por impulsar a lingua e a cultura galegas entre os adultos pero, especialmente, entre as nenas e os nenos de menor idade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal