Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO INICIA O PROCESO DE RENUMERACIÓN DE VIVENDAS NA PARROQUIA DO VAL
O CONCELLO INICIA O PROCESO DE RENUMERACIÓN DE VIVENDAS NA PARROQUIA DO VAL
A edil de Estatística, Mar Gómez, agradeceu a colaboración prestada pola Asociación de Veciños "Os Irmandiños" do Val durante o proceso, que está nunha primeira fase
Narón, 10 de marzo de 2017. A concelleira de Estatística, Mar Gómez, e persoal funcionario da administración local reuníronse con representantes da Asociación de Veciños “Os Irmandiños” do Val no Concello para iniciar o proceso de renumeración previsto na parroquia. A iniciativa, que xa se desenvolveu nas parroquias de San Xiao e San Mateo, permitirá concretar o nome de todos os rueiros e renumerar as vivendas. O traballo está rematado no que respecta á súa primeira fase, e unha persoa debidamente identificada está visitando estes días as vivendas da zona para entregarlles os novos números das súas propiedades. Deste xeito, tal e como apuntou Gómez, “procederase a restablecer tanto a cartografía como a numeración de boa parte da parroquia, aínda que debido á súa extensión é preciso executar os traballos en varias fases, que se irán levando a cabo progresivamente, a medida que se vaian rematando”.
A concelleira naronesa agradeceu publicamente a colaboración da Asociación de Veciños “Os Irmandiños” do Val en particular e á veciñanza da parroquia en xeral, “que nos axudou a recuperar boa parte dos topónimos da zona na que se estivo a traballar nesta primeira fase e, en todo momento, cun gran consenso que nos permitiu avanzar nestas tarefas, moi necesarias na zona rural e nas que continuaremos traballando”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal