Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DE NARÓN E A ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA HOMENAXEARÁN ÁS VÍTIMAS DO BOMBARDEO DE GERNIKA
O CONCELLO DE NARÓN E A ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA HOMENAXEARÁN ÁS VÍTIMAS DO BOMBARDEO DE GERNIKA
A presidenta das Juntas Generales de Bizkaia, Ana Otadui, acudirá ao acto de plantación dun retoño da árbore de Gernika nas inmediacións do Pazo da Cultura, o vindeiro 17 de marzo, tras cumprirse oitenta anos da traxedia
Narón, 13 de marzo de 2017. A Asociación Memoria Histórica Democrática, o Concello de Narón e as Juntas Generales de Bizkaia colaboran no acto de plantación dun retoño da árbore de Gernika, que terá lugar o vindeiro venres, día 17 de marzo, nas inmediacións do Pazo da Cultura. O acto –que dará comezo ás 17.30 horas-, convocouse a modo de homenaxe ás vítimas do bombardeo de Gernika, vila emblemática de Bizkaia, do que se cumprirán oitenta anos o vindeiro 26 de abril, (xa que tivo lugar no ano 1937, coincidindo coa Guerra Civil Española). O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidirá o acto, ao que tamén asistirá a presidenta das Juntas Generales de Bizkaia, Ana Otadui, e representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática, entre eles o seu presidente, Manuel Fernández, e o historiador Enrique Barrera.
O retoño da árbore de Gernika está xa na cidade e plantarase nunha zona verde fronte ao Pazo da Cultura, un dos edificios máis emblemáticos de titularidade municipal. Foron representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática os encargados de realizar as primeiras xestións desta iniciativa, ao ter coñecemento de que as Juntas Generales de Bizkaia facilitaban, en determinados casos debidamente xustificados, retoños da árbore de Gernika. A partir de aí, o Concello de Narón realizou os trámites oportunos para oficializar a solicitude, aceptada dende o primeiro momento.
Desde finais desta semana, a árbore de Gernika medrará nas inmediacións do Pazo en recordo das vítimas da traxedia do bombardeo das tropas alemás e italianas sobre a citada vila, que se prolongou durante unhas tres horas e que provocou un número indeterminado de mortes entre a poboación civil, según apuntan diversas fontes.
No acto participarán tamén a Banda de Gaitas e o grupo de Baile Tradicional Alxibeira, do Padroado da Cultura do Concello de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal